InicioCAMBREFamilias de Cambre piden máis docentes para unha Escola Unitaria de Pravio...

Familias de Cambre piden máis docentes para unha Escola Unitaria de Pravio abocada a desaparición

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A menos de 20 días para a proceso de matriculación do alumnado para o curso que vén, a Xunta de Galicia ten completamente desinformados aos centros educativos sobre como vai aplicar a redución de ratios aprobada na Resolución do 10 de xaneiro de 2024.

Esta situación é especialmente delicada nas escolas unitarias que poden ver en risco a súa sostenibilidade en función de cómo se aplique a norma, tal e como expón Lara Medín, presidenta de ANPA da Escola Unitaria de Pravio “Desde a Escola Unitaria de Pravio solicitamos que a redución de ratios non implique unha redución de plazas para o ano que ven, que pasarían de 20 prazas a 12, solicitamos a incorporación doutro docente o que permitiría ofertar prazas para o ano que vén”.

As escolas unitarias cubren a franxa de idade de 3 a 6 anos polo que os nenos e nenas que saen delas ao terminar o ciclo teñen que incorporarse a un centro de educación primaria. Pero a falta de información está creando moita inquedanza ente as familias.  “Existe un problema coa indefinición das prazas ofertadas que afecta aos nenos que este ano saen da Unitaria, moitas familias estamos preocupadas pola redución de prazas nos centros de primaria do Concello. Fixemos un escrito a Xefatura territorial de Educación para solicitar que todos os centros de educación primaria do Concello de Cambre, en total tres, estean adscritos o este centro, o que nos permitiría garantir unha praza en calquera de estes centros. Non obtivemos ningunha resposta por parte de Xunta a día de hoxe, a menos de vinte días para a matriculación do ano que ven, non temos nin idea das prazas que se van a ofertar”.

Esta falta de resposta por parte da Xunta está a afectar á escola de múltiples xeitos. Unha das familias usuarias xa decidiu desmatricular a súa filla para non perder unha praza no colexio de primaria que está preto da súa casa e na que ten matriculada a súa filla maior. “Contra a nosa vontade, tivemos que facer este cambio de centro no medio do curso, estábamos encantados con esta escola, a nosa filla maior tamén estivo na unitaria, disfrutou moito de esta etapa educativa e queríamos o mesmo para a pequena, pero decidimos cambiala porque non podemos arriscarnos a perder a praza no centro que temos ao lado de casa e no que está a nosa outra filla” afirma, Susana Martínez, nai dunha das nenas afectadas.

A súa vez, moitas das familias que estaban interesadas en matricular aos seus nenos e nenas para o curso que vén na Unitaria, están deixando de facelo “Para nós a Unitaria de Pravio era a nosa primeira opción, pero agora temos moitas dúbidas, xa que por un lado a estas alturas aínda non sabemos se vai a ver prazas ou non, e por outra non nos garanten que pasados os tres anos a nosa nena poida ir ao centro educativo de Cambre que nos ven mellor. Preferimos o modelo pedagóxico da única escola unitaria que hai no Concello, pero o risco de quedar sen praza no colexio que queremos, non nos merece a pena” comenta Rocío Cadahía, unha das nais interesadas na Unitaria de Pravio.

A escola Unitaria de Pravio é unha escola rural pequena, con 20 nenos, que pasou nun ano de ter lista de espera para entrar a que as familias non se animen a matricular os seus fillos pola situación de incertidume ao respecto do seu futuro. “O que non podemos permitir é que unha política de recortes na educación pública sexa a que marque o futuro dos nosos fillos. As familias que buscamos este tipo de escolas, queremos unha educación nunha contorna natural e rural, que os nosos fillos poidan disfrutar de un patio con árbores, herba e pozas, do mesmo xeito que o disfutamos cando nós eramos pequenos. Estes elementos nas escolas convertéronse nun luxo, a Xunta abócanos a que busquemos na ensinanza privada o que nos quitaron na ensinanza pública” conclúe Lara Medín, presidenta de ANPA da Escola Unitaria de Pravio.

ÚLTIMAS

A Coruña, a unha finde do soño dos ascensos

Levamos semanas repasando o soño que vive o deporte coruñés co gran papel que...

O exalcalde Paco Vázquez únese a un manifesto que pide non votar ao PSC nas catalás do domingo

O exalcalde da Coruña e exembaixador no Vaticano, Francisco Vázquez, e o exministro do...

Transportes adxudica por case un millón a mellora de accesos ao porto exterior da Coruña

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable adxudicou por 973.011 euros (IVE incluído) a...

Inés Rey anuncia que realizará 305 contratos en 2024 por valor e 518 millóns

O Concello da Coruña deu luz verde, na Xunta do Goberno local, ao Plan...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here