InicioCAMBREO persoal de Jardincelas acordou suspender temporalmente a folga de limpeza nos...

O persoal de Jardincelas acordou suspender temporalmente a folga de limpeza nos concellos de Cambre e Culleredo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Un dos conflitos laborais máis graves da comarca, o dos traballadores do servizo municipal de limpeza dos Concellos de Cambre e Culleredo, parece que pode chegar ao seu fin. O persoal de limpeza viaria da empresa concesionaria Jardincelas vén de anunciar a suspensión temporal da folga no Concello de Culleredo (os traballadores da limpeza de edificios de Cambre e Culleredo xa suspenderan a Folga hai 2 semanas), de xeito que este luns volverán ao traballo con total normalidade.

Dende a Federación de Servizos de Mobilidade e Consumo de UGT e a Federación de Servizos Públicos da Provincia da Coruña confirman que desconvocaron a manifestación prevista para hoxe trala reunión mantida onte co alcalde José Ramón Rioboo (PSOE). O rexedor comunicou ao Comité de Folga e a todos os traballadores do Servizo de Limpeza Viaria que xa están finalizados os pregos de Pregos de Edificios e Locais e Limpeza Viaria, que contemplaban as demandas solicitadas polos traballadores de ambos servizos, e que se atopaban na fase de Informe e Informe de Contratación do persoal autorizado nacional, ademais de ter adquirido outros compromisos cos traballadores que poidan dar lugar a unha solución ao conflito laboral a medio prazo.

Aínda así dende UGT decidimos tanto en Limpeza de Edificios como de Limpeza Viaria “suspender e non desconvocar a folga indefinida”, xa que “o Conflito Laboral segue a existir”, xa que (a data de onte) aínda se lle debe o mes de xaneiro e a paga extra dos traballadores.

ERTE

Así mesmo, o pasado mércores 14 de febreiro, nunha reunión celebrada sobre o seguimento do ERTE que se está a aplicar aos traballadores do servizo de Limpeza de Edificios de Cambre, a empresa comunicou á Representación Legal dos Traballadores que ten previsto iniciar un período de consultas para a aplicación dun ERTE do 100% da xornada a todos os traballadores de ambos servizos tanto en Culleredo como en Cambre.
Outra razón para non descartar convocar novas mobilizacións, xa que “nin o Concello de Cambre nin a empresa Jardincelas SL nos dan unha solución para solucionar o Conflito Laboral que seguen padecendo todos os traballadores do persoal adscrito a ambos os dous Servizos”.

O Concello de Culleredo

Reunion do Comite de Empresa de Limpeza de Culleredo co Concello
Imaxe da reunión no Concello

O Concello de Culleredo considera unha moi boa noticia a volta dos traballadores á normalidade. O rexedor explicou que “a Deputación traballou na última semanas o máis rápido posible para responder ás demandas da traballadores da empresa. Elaboráronse os pregos tanto do servizo de limpeza diaria como do servizo de limpeza de edificios. Agora están en proceso de tránite por parte dos autorizados nacionais para a súa contratación inmediata. Nestes documentos recóllense as achegas transferidas polo persoal”m asegura.
Agora, o goberno local espera que os traballadores vexan regularizado o seu emprego de inmediato o cobro das súas nóminas e teñan a situación adecuada para o desempeño das súas funcións.

Novas relacionadas

As traballadoras de Jardincelas déixanse notar cunha manifestación no Paraugas

O crónico confilito laboral dos traballadorxs de limpeza viairia dos Concellos de Cambre e Culleredo

ÚLTIMAS

A Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

Por fin, a FIFA acaba de aprobar oficialmente a candidatura de Riazor como sede...

O pleno ratifica a suspensión cautelar do Plan das Percebeiras

Paso atrás do Concello sobre o polémico proxecto de urbanización das Percebeiras. Se no...

O funcionariado sae á rúa para esixir unha solución ao concerto sanitario de MUFACE

A asistencia sanitaria de máis de 1.500.000 funcionarias e funcionarios está pendente da a...

Máis de 60 entidades convocan unha marcha este sábado con saída dende María Pita para reclamar a “devolución” da Casa Cornide

Máis de 60 entidades convocaron unha marcha este sábado, día 14, na Coruña para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here