InicioBARRIOSAprobado o proxecto de construción de 50 vivendas de promoción pública en...

Aprobado o proxecto de construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno, o proxecto de construción dun novo edificio de 50 vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán.

O inmoble, que estará situado na parcela Z-37 do antigo Parque Ofimático, incluirá vivendas en réxime de aluguer social. No tres sotos proxectados haberá, ademais, un centenar de prazas de aparcadoiro.

A construción do inmoble, promovido polo Concello con fondos propios e tamén procedentes das convocatorias Next Generation, suporá a creación dun total de 50 novas vivendas, das que un total de dez serán adaptadas.

Ademais, na Xunta de Goberno, aprobouse inicialmente o plan especial para permitir usos comerciais na parcela do antigo Club Financeiro A Coruña.

Lamentable o estado do antigo Club Financieiro
Lamentable o estado do antigo Club Financieiro

CONFLITO DE LIXO

Xa a preguntas dos xornalistas, e sobre a situación da recollida do lixo na cidade e o conflito que manteñen o Sindicato de Traballadores STL, representante no comité de empresa, e a dirección da mesma, asegurou que a postura do consistorio pasa por “velar polo cumprimento do contrato”. Con todo, dixo que lle corresponde á empresa “solucionar” a situación relativa ás demandas laborais.

 

ÚLTIMAS

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...