InicioCULTURAAs catedráticas da UDC María José Souto e Ana Dorotea Tarrío presentan...

As catedráticas da UDC María José Souto e Ana Dorotea Tarrío presentan un libro sobre María Wonenburger

Publicada o

Por europapress

As investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da área de Matimática Aplicada; e María José Souto Salorio, da área de Álxebra da Universidade da Coruña presentarán este xoves, día 22 de febreiro, no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger (Montrove, Oleiros 1927 – A Coruña 2014).

A obra leva por título ‘María Wonenburguer. A atrevida matemática á que o noso país deu dúas veces as costas’, esta editada por Next Door Publishers e conta con prólogo da matemática e divulgadora científica española Marta Macho Stadler, profesora de Xeometría e Topoloxía na Universidade do País Vasco.

Diso informou a UDC nun comunicado, no que explica que o libro expón nun formato ameno os obstáculos que a protagonista tivo que superar, e estuda a extensa carreira que desenvolveu no estranxeiro, ata converterse nun referente en álxebra a nivel mundial. No acto de presentación, que terá lugar ás 19.00 horas, as autoras manterán un diálogo co biólogo e divulgador Xosé Antón Fraga sobre a figura da matemática, primeira científica Honoris Causa da Universidade da Coruña no ano 2010.

Wonenburguer (1927-2014) foi experta na teoría de Grupos Clásicos e en Álxebras de Clifford. Converteuse na primeira muller española en recibir unha bolsa Fullbright, coa que se doctorou en 1957. Desenvolveu a súa carreira investigadora en Estados Unidos e Canadá, e regresou a España en 1983 por motivos familiares e permanecendo apartada do mundo académico. É socia de honra da Real Sociedade Matemática Española.

ÚLTIMAS

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

A ANPA Zalaeta esixe información sobre as obras e anuncia unha nova concentración o 5 de outubro 

Desde o inicio do curso, a comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta está...

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...