InicioCULTURAVolven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Redacción

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal destapase en outubro do 2025 o polémico concurso para cubrir a praza de dirección. Despois de numerosas críticas da oposición, de manifestos asigados polo sector, o goberno municipal segue sen mover unha soa peza.

Volve ser o BNG o que vai volver levar o asunto ao Pleno do vindeiro xoves 1 de outubro por medio dunha pregunta oral que reza como segue: “Que avaliación fai a Alcaldesa da xestión da Fundación Luís Seoane desde que renunciou á presidencia do Padroado en decembro de 2025?”.

Segundo constata a edil Mercedes Queixas “o Padroado leva sen se convocar desde finais de 2025” e “formalmente aínda non coñece nin a renuncia de Inés Rey como presidenta nin o seu relevo polo concelleiro de Cultura”.

“O Goberno de Inés Rey continúa a lle virar as costas a un tesouro cultural, o legado de Luís Seoane. Xestionado por este goberno local, ese tesouro tornouse nun patrimonio invisíbel”, denuncia Queixas.

“A situación é de parálise total”,  valora. Por un lado, a dirección da fundación continúa a ser provisional, “despois de que a alcaldesa se vise obrigada a anular un concurso inzado de irregularidades”. Por outro, o Padroado leva sen se convocar desde finais de 2025 “e formalmente aínda non coñece nin a renuncia de Inés Rey como presidenta nin o seu relevo por parte do concelleiro de Cultura”.

O abandono da fundación por parte de Inés Rey é tal que “a súa renuncia comunicouna a través dos medios”, sen que ao Padroado lle constase formalmente até agora. “Unha falta de respecto que non é de recibo”, remarca Queixas.
Á luz dos feitos, é obvio que ao Goberno de Inés Rey “o legado de Luís Seoane non lle parece suficientemente valioso e enriquecedor para a nosa cidade”. “Todo moi lamentábel”, conclúe Queixas.

Máis novas do caso

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

 

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here