InicioCULTURAO BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar...

O BNG volve preguntar polo, prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso proceso de cobertura da praza de subdirección na Fundación Luís Seoane. O museo de arte contemporáneo máis importante da cidade, e un dos 4 de toda Galicia, sumábase nunha deriva que provocaba unha marea de reaccións entre o tecido cultural herculina, con declaracións directas como a de Correa Corredoira ou a ADACE.

A pesar de que en novembro, o Padroado da FLS, xa sen a presenza da alcaldesa, aprobaba a nova convocatoria do concurso, pasan os meses e nada se sabe da súa situación.

A entidae segue acollendo eventos, coa subdirectora interina facendo de mestra de cerimonias, a cidade segue sen saber como avanza o proceso de contratación desa praza.

Volve ser o BNG o que lembra que continúa sen convocar o concurso dende o seu anuncio en novembro na última convocatoria do Padroado da Fundación. A concelleira Mercedes Queixas lembra que aínda non se presentaron as contas de 2025, nin o orzamento ou o plan de traballo de 2026. “Estamos a finais de xullo, sen orzamento novo na fundación. O abandono é total”, denuncia Queixas. “A Fundación Luís Seoane continúa a ter unha dirección provisional; iso implica que non se pode desenvolver un proxecto de dirección comprometido e sostido no tempo acorde ao inmenso legado cultural que sostén”, alega.

Trátase, ademais, dunha “dirección provisional cuestionada”, após se ter anulado no seu día o concurso público para a súa substitución á luz “da falta de transparencia e ausencia de garantías dos principios de equidade e mérito” durante o proceso, circunstancias que foron advertidas e denunciadas por diferentes sectores da cultura.

Perante esta situación de falta de impulso da institución, a concelleira do BNG rexistrou un feixe de preguntas por escrito, entre elas a de por que o Goberno Local non valora como merece o legado de Luís Seoane, por que non se convoca o Padroado desde hai xa 9 meses, por que non se avanzou na convocatoria do novo concurso público e cando se van aprobar o orzamento e o plan de traballo de 2026.

Novas do conflito

Rodrigo Cuevas e Nuno Pico debullaron como foi a súa colaboración na Fundación Luís Seoane

O BNG considera que a Fundación Luís Seoane está “no peor momento da súa historia”

5 meses sen novidades sobre o novo procedemento de contratación da dirección na Fundación Luís Seoane

Un Padroado de mínimos aproba convocar un novo concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane

Correa Corredoira: “Fago un chamamento á refundación da Luís Seoane”

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

 

ÚLTIMAS

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

UDC, Inditex e o MIT asinan un proxecto para transformar residuos cervexeiros en materiais sustentables

O Centro de Investigación en Tecnoloxías dá Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade...

O Dépor estrea ‘Voa’, o seu novo himno con Xoel López, Susana Seivane e a Sinfónica de Galicia

A estrea oficial de Voa formará parte dos actos vencellados ao Trofeo Teresa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here