InicioBARRIOSA ANPA Zalaeta esixe información sobre as obras e anuncia unha nova...

A ANPA Zalaeta esixe información sobre as obras e anuncia unha nova concentración o 5 de outubro 

Publicada o

Por Redacción

Desde o inicio do curso, a comunidade educativa do IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta está a vivir unha situación de preocupación e incerteza relacionada co desenvolvemento das obras no centro, especialmente polos traballos previstos para a retirada de materiais con risco de amianto.

A ANPA vén realizando un seguimento da situación e solicitando á Administración información e documentación sobre as condicións de seguridade e salubridade do centro, así como sobre a planificación e execución das actuacións pendentes.

As familian lamentan a falta información sobre os procedementos, e o cambios nas previsións, unha vez que os traballos de retirada de
amianto ían realizarse durante as fins de semana do 18 ao 20 de setembro e do 25 ao 27 de setembro, pero finalmente non se levaron a cabo, afrontando unha serie de incongruencias nos plans da empresa executora (que sinalaba que o novo plan de traballo debía ser aprobado polo ISSGA antes de recomezar) e a Consellería de Educación (que aseguraba que  os traballos ían comezar).

A día de hoxe, a ANPA continúa pendente de recibir ou coñecer información e documentación como o certificado de salubridade actualizado, os resultados da nova medición da calidade do aire; a información ou documentación relativa á revisión do estado das obras; o novo plan de traballo para a retirada do amianto e a correspondente autorización; as medidas de seguridade aplicadas nas zonas de obra, incluíndo andamios, grúa, valados, sinalización, accesos e protección fronte á caída de obxectos; nin, por suposto, un plan de evacuación de emerxencia temporal ou un calendario de traballo das tarefas pendentes.

Por iso, a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA celebrada o 24 de setembro, acordouse solicitar novamente á Consellería a documentación e información pendentes. Igualmente convocan unha nova concentración o luns 5 de outubro ás 9:00 horas diante do Edificio Administrativo de Monelos, na Praza Luis Seoane, para trasladar á Administración a preocupación das familias e reclamar información e respostas sobre a situación das obras.

Máis novas

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Outras novas

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here