InicioCAMBREO alcalde de Cambre dimite polo “bloqueo administrativo” da Interventora e a...

O alcalde de Cambre dimite polo “bloqueo administrativo” da Interventora e a Secretaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá xa saltaban as exclusivas mal entendidas pola caverna mediática coruñesa, avanzando o que ía contar na rolda de prensa das 12:00h Óscar Garcia Patiño. Un segredo a voces dende comezos de semana, que a prensa quixo adiantar sen coñecer as razóns reais que o levan a presentar a súa dimisión como alcalde de Cambre.

O voceiro de Unión por Cambre, que afronta dende as pasadas eleccións o seu último mandato, daba as razóns polas que deixa o posto de rexedor. Unha situación de “bloqueo administrativo”, de parálise municipal, provocada polo exceso de celo da dúas habilitadas, Secretaria e Interventora (xa deixaran “amigos” en Concellos como Ponteceso ou Culleredo antes de incorporarse en Cambre en agosto de 2022 a primeira e en xullo de 2023 a segunda), que xa provocou a dimisión dun asesor do grupo de goberno hai uns meses, e a propia autosuspensión da nómima por parte do alcalde.

”Hoxe é un día difícil para min”, relataba na rolda de prensa. “Anuncio a miña dimisión como unha decisión pensada, meditada, porque creo que é a mellor para que Cambre volva ao bo camiño. Sei que non son o culpable, pero creo que a miña marcha pode ser a súa solución. O máis fácil sería poñerse de perfil e seguir cobrando 40.000€ ao ano nestes 3 anos. Pero eu sempre don a cara, e antes de político son veciño”.

”Estou aquí para traballar e xestionar, pero non me deixan”, sinalou en clara alusión ao secuestro burocrático por parte das habilitadas, ás que acusa de falta de “lealdade á institución municipal”. Puxo exemplos de contratos que o Concello non puido sacar adiante como as luces de nadal ou o do servizo de gasoil, recentemente suspendido.

García Patiño quixo deixar claro que “Cambre é un concello como o resto, pero só Cambre se encontra nesta situación de bloqueo”. “Teño un sentimento de impotencia total, moito máis de ir peregrinando por administracións, de todos recibimos a súa comprensión pero de ningún unha solución” ao secuestro. Recoñeceu que apenas o Consello Consultivo conseguiu aportarlle un informe para manter activo algo tan básico o servizo de abastecemento de auga. “Como pedimos a unha administración pedirlle un servizo pero non pagarlle. Iso chámase excravitude”.

”Para unha persoa da empresa é difícil de pensar que non existan fórmulas para pagar as débedas tendo nas contas 23 millóns de euros” ou modos de fiscalizar o traballo dos funcionarios. “Con outros habilitados fumos capaces de facer moitos cambios, moitas cousas”, pero agora “non podemos facer nada”, sentenciou.

Ants de rematar quixo agradecer a colaboración da veciñanza, das asociacións, aos “compañeiros de goberno” do PSOE, aos seus compañeiros de partido, traballadores municipais, aos alcaldes e alcaldesas da áraea metropolitana, e especial ao alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso, e de Arteixo Carlos Calvelo. Emocionouse, despois de 20 minutos de rolda, ao agradecer á familia.

Con todo, deixou claro que “deixo a alcaldía pero non a política. Este partido é tamén a mmiña familia e seguirei dende aquí, como presidente de Unión por Cambre, loitando polo ben de Cambre. “Entrei como o fillo de Clotilde de Luis o ferrador, e marcho igual”, rematou entre bágoas.

Máis novas

Óscar García Patiño: “As Deputacións a día de hoxe non valen para nada. Son chiringuitos. Deberían ser puramente técnicas”

Suspenden o servizo de gasoil para o Concello de Cambre por falta de pagamento

O alcalde de Cambre suspéndese a nómina ata resolver os pagos a proveedores provocado polo “bloqueo” da Secretaría

 

ÚLTIMAS

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

Localizan o corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu cando pescaba na zona das Esclavas

O corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu na Coruña cando...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

O IMCE convoca unha reunión cos usuarios do programa de lecer do Fórum e do Ágora ante a suspensión da viaxe de fin de...

Co hipotética suspensión das viaxes de fin de curso, a dirección do IMCE vén...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here