InicioCULTURAA Radio comunitaria da Coruña celebra os seus 28 anos de vida...

A Radio comunitaria da Coruña celebra os seus 28 anos de vida con dous actos culturais

Publicada o

Por editor

CUAC FM celebra 28 anos de radio comunitaria esta fin de semana. A emisora ubicada nas instalacións cedidas pola Universidade da Coruña no Campus da Zapateira prepara dous actos abertos á cidadanía para esa celebración, ademáis dunha asemblea de socias e unha comida o sábado.

Son xa 490 programas diferentes os que teñen pasado por os estudios José Couso e Rafalea Hervada, realizados pola cidadanía e tratando temas moi diferentes entre si.

Proxección do DOCUMENTAL

En febreiro de 2022 estreábase o documental dirixido por Iago Prada Nada que ver no Teatro Colón da Coruña nun acto no que asistiron representantes de todos os partidos con representación en María Pita, así como o reitor da Universidade, varios vicerreitores, responsables da Deputación da Coruña que financiou o documental a través dunha subvención, e centos de persoas que se sumaron a unha estrea emocionante. Iso si, todo o mundo con mascarilla. Este domingo 17 de marzo ás 12 da mañá o documental regresa á pantalla grande. Neste caso será nos Cantones cines, como na estrea, cun coloquio posterior e sen mascarillas. A entrada é libre ainda que as persoas asistentes poden facer unha aportación voluntaria que irá destinada íntegramente para a Cociña Económica grazas a que os responsables dos cines ceden gratuitamente a sala para este evento.
Así se presentaba oficialmente en 2022:

PRESENTACION DUN LIBRO

Pero antes, o venres 15 ás 19:30 preséntase en sociedade o libro Galicia Musicalidade de Noel Turbulencias, locutor de CUAC e coas ilustracións de Victoria Sánchez. Será na cervezoteca Malte da Praza das Atochas 8 con entrada libre e coa presenza de artistas que aparecen no libro como Anxela de Bala, Grande Amore ou The Rapants.

O libro está editado por CUAC FM grazas a un convenio co Concello da Coruña que serviu para celebrar neste caso os 25 anos do Concurso de Bandas e Solistas que organiza na emisora e que será convocado de novo antes de que finalice o mes de marzo. As 200 copias gratuitas serán repartidas entre bibliotecas públicas, colexios, institutos e os propios artistas.

 

Máis novas

O documental de CUAC FM, en pantalla grande

CUAC FM edita o libro “Galicia MusiCalidade” para celebrar o XXV aniversario do seu Concurso de Bandas e Solistas

A CUAC FM celebra 27 anos de radio comunitaria

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

ÚLTIMAS

Investigan a aparición dun cadáver nun camión do lixo na planta de reciclaxe na Coruña

A Policía Nacional abriu unha investigación pola aparición dun cadáver nun colector na planta de reciclaxe de...

O servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores na Coruña

Recibía esta mañá a sede da Cruz Vermella da Coruña, a visita institucional comandada...

A Coruña acolle o acto ‘As elixidas’ con líderes locais de Cabo Verde, Mozambique ou Brasil

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este martes o acto de apertura do...

A Coruña rende homenaxe aos Mártires de Brens

Norberto Recamán Lago, Florentino Canosa Barreiro, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here