InicioMOV. SOCIAISXubilad@s pola Paz demandan na rúa ao goberno español tomar medidas contra...

Xubilad@s pola Paz demandan na rúa ao goberno español tomar medidas contra Israel

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa chegando apoios ao pobo palestino e mostras do rexeitamento social ao xenocidio que o estado sionista de Israel está cometendo contra Palestina.

Esta mañá de xoves 14 de marzo, o colectivo de Xubilados e Xubiladas de Galiza pola Paz concentrábase diante da Delegación do Goberno da Coruña para amosar a súa repulsa ante o xenocidio que Israel está a cometer contra o pobo Palestino. No decurso do acto fixeron entrega, ademais, dun escrito dirixido ao Presidente do Goberno español, Pedro Sánchez Pérez-Castejón.

O colectivo denuncia a grave situación de Gaza, con máis de 30.000 persoas mortas (80% mulleres e crianzas), 7.000 desaparecidas, 70.000 feridas e millóns de desprezadas, xunto coa destrución sistemática de hospitais, edificios e infraestruturas civís. Unha situación que cualificaron de “barbarie criminal” e consideraron “absolutamente inaceptábel para calquera persoa decente ou país minimamente democrático”.

Incidiron ademais en que “Gaza non é ningunha potencia económica nin militar, nin ten mariña, nin aviación militar, nin tanques, nin artillaría e nin sequera un exército regular que poida causar a Israel un dano nin remotamente equivalente”. Por iso afirmaron que a situación é enormemente desigual “abertamente racista e de impúdica exhibición do exterminio sistemático do pobo palestino polos sionistas” e a definiron como “xenocidio, un crime castigado severamente polo dereito internacional”.

Crime de lesa humanidade

Xunto a isto denunciaron o “apartheid”, imposto por Israel ao pobo palestino na súa propia terra, obrigándoo a vivir en condicións indignas e de mera supervivencia. Un “crime de lesa humanidade” ante o que entenden que non pode haber escusas.

Nese sentido explicaron que o feito de que Hamás supostamente causase danos a civís israelís no ataque do pasado mes de outubro, que deberá xulgar un tribunal independente, “non pode ser alegado como xustificación para o asasinato indiscriminado de persoas civís palestinas, como fai o Israel de Netanyahu”.

Demandaron que se poña este acto en perspectiva, lembrando que o exército sionista levaba causando centos de veces máis mortes ao pobo palestino, ao longo das máis de sete décadas de ocupación ilegal do seu país, “con total impunidade, sen que a ONU fose quen de facer cumprir algunha das máis de vinte e cinco resolucións de condena dos crimes israelís”. E explicaron que, nesas condicións de “continua agresión, humillación e inxustiza non se pode pedir aos palestinos que sufran en silencio e non se defendan cos medios que teñan ao seu alcance”.

Diante disto manifestaron o seu rexeitamento ás distintas varas de medir de Occidente que “fronte á rapidez en sancionar países non gratos por condutas moito menos tráxicas que o actual xenocidio israelí os países do chamado mundo civilizado deben demostrar con feitos incontrovertíbeis o seu auto-proclamado civismo humanitario”.

Esixencias ao estado

Dirixíndose ao goberno español e, nomeadamente ao seu presidente, reclamaron:

  • O embargo inmediato e verificábel do comercio de todo tipo de armas, municións e equipamento militar con Israel.
  • O embargo inmediato e verificábel do comercio con Israel relativo a materias primas, combustíbeis e equipos tecnolóxicos susceptíbeis de dobre uso, civil e militar
  • A suspensión das relacións diplomáticas con Israel até este acceder a un ALTO AO FOGO DEFINITIVO e á aceptación e APLICACIÓN DE TODAS AS RESOLUCIÓNS DA ONU
  • Accións para promover na ONU a aprobación das medidas sinaladas nos puntos anteriores.

Máis novas

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

“Onde están, non se ven, as sancións a Israel”

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

 

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here