InicioMOV. SOCIAISAs persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa medrando o proxecto Entre Crebas, que está a convertir ás persoas que cumplen a última parte da súa condena en réxime de semiliberdade no Centro de Inserción Social da Coruña, en auténticos salvadores ambientais. Ademais de apadriñar a praia do Areal das Lapas, situada enfronte do centro penitenciario, a través de diferentes xornadas de limpeza, os internos e as internas fanse ademais crebeiros e artistas da reciclaxe.

Fano da man dos activistas ambientais da Asociación Mar de Fábula, que desenvolve co apoio da Deputación, este singular proxecto circular (apañar liño mariño nas praias, analizalo, limpalo e despois crear arte con esas crebas) dende hai 5 meses que trata de fomentar hábitos saudables e axudar na reinserción social dos internos. Entre Crebas

Así, pasada tarde de luns, catro membros da Asociación Mar de Fábula achegáronse ao CIS armados con grandes caixas de peixe cheas de anacos de lixo plástico, ben lavadiño. Durante máis 3 horas, máis de 30 internos e internas do centro, de forma voluntaria, persoas adultas de todas as idades e perfis escoitaron as aventuras de Mar de Fábula na defensa do mar da boca de Virxinia, Pedro e María. O asistentes, escoitando, moi atentos, ás veces interrumpindo, aportando experiencias, ideas propias e gargalladas, fixeron da reunión un momento fondamente  humano e agradable onde todos éramos un.

Logo, noutra sala con varias mesas, entre ocurrencias, humor e invitacións de café con leite de máquina, o lixo plástico de Mar de Fábula foi collendo diferentes formas de maneira creativa e divertida baixo as mans destos homes e mulleres que están a deixar en nós unha fonda pegada de empatía e afecto porque coidar a natureza, limpar o mar, xuntos, crea equipo.

 

Máis novas

Coidando o areal como a súa propia casa

Intern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

 

ÚLTIMAS

O Mural desoe ás promesas das administracións e convoca unha nova manifestación para defender o coidado dos frescos de Lugrís

Lanzaba con retranca este luns Rodrigo Osorio no Xornal o anuncio dunhas hipotéticas boas...

O metal da Coruña amplía a folga aos días 26 e 27 de maio ante o bloqueo do convenio

O sector do metal na provincia da Coruña acordou ampliar a convocatoria de folga...

A Serea de Ulises espiuse na Agra

Hai poucas entidades na cidade que sintan a poesía como a Asoc. Agra. Cada...

Un cruceiro cun brote de gastrointerite atracará na Coruña este sábado

O porto da Coruña ten previsto recibir este sábado ao cruceiro 'Ambition', que se...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here