InicioA CORUÑAAprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de...

Aprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos

Publicada o

Por europapress

O pleno da Coruña aprobou este xoves, por unanimidade, unha moción para a revisión do convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos coruñeses.

Nela, ínstase o goberno local a que revise o citado convenio e modifique o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) “para avanzar no deseño da fachada marítima”.

Sobre o citado convenio, e nunha xornada con protesta convocada polo colectivo Defensa do Común ante o consistorio, o portavoz nacionalista Francisco Jorquera asegurou que o convenio de 2004 permitía uns aproveitamentos urbanísticos que “en absoluto se corresponden ás necesidades” da cidade. Tamén demandou un deseño con participación da cidadanía.

POLÍGONO DE POCOMACO

Por outra banda, o PP e o BNG rexeitaron a aprobación dunha addenda ao convenio cos empresarios de Pocomaco para a regularización do polígono.

Isto despois de que o goberno local chegase a un acordo coa dirección dos empresarios para pór fin a unha situación “irregular” que se remonta a hai xa 50 anos e que, engade, “regularizaría as parcelas facilitando a concesión das licenzas”, ademais de facilitar investimentos.

Na mesma sesión, e a través dunha pregunta oral, o portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, demandou de novo á alcaldesa, Inés Rey, a adopción de responsabilidades políticas no caso do piso da avenida do Exército do portavoz do goberno local, José Manuel Lage, ao considerar que se concedeu licenza “á velocidade de cruceiro” e cando xa se acometeron obras.

De novo pediu un pleno extraordionario, mentres que a edil de Atención Cidadá, Montserrat Paz, na súa resposta, defendeu o labor dos funcionarios.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...