InicioMOV. SOCIAISA realidade perfila o comprometido programa da nova edición da Rede Acampa

A realidade perfila o comprometido programa da nova edición da Rede Acampa

Publicada o

Por editor

Queda menos para o VIII Encontro Internacional Acampa pola Paz 2024, que se desenvolverá nos Xardíns de Méndez Núñez do 7 ao 9 xuño. Unha cita a deste ano que terá como fío condutor troncal “Infancia e Mocidade Refuxiada”. Pero “como non mirar cara a Gaza, cara a Ucraína, cara á fronteira sur, cara a Afganistán, Sudán, Iemen…” recoñecían os representantes do comprometido colectivo na rolda de prensa desta mañá, no que se facía fincapé no feito de convertir á cidade herculina nun referente nacional do xornalismo humanitario e do compromiso na defensa dos Dereitos Humanos.

O programa, case fixado pola máis rabiosa actualidade, permitirá que a sociedade coruñesa e galega faga unha reflexión colectiva. Durante tres días, relatoras como a Ministra de Juventud e Infancia do Goberno Central, Sira Rego, a directora da UNRWA España, Raquel Martí; a que foi responsable de actividades médicas de MSF en Gaza, Ruth Conde ou Vicente Raimundo, director de Cooperación Internacional e Acción Humanitaria de Save the Children, falarán sobre a infancia vulnerable en todo o planeta.

Tamén estará na Coruña o fotógrafo palestino Majdi Fathi, autor da incónica imaxe que dá forma ao cartel desta edición.

A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024

 

Memorial en lembranza da infancia asasinada en Gaza

Acampa pola Paz poñerá en pé un Memorial pola infancia asasinada en Gaza, unha instalación colaborativa de alrededor de mil  elementos onde render homenaxe aos máis de 14.000 nenos e nenas asasinados en Gaza. Fronte a el está previsto celebrar o domingo 9, ás 12 horas, un Minuto de Silencio que, desde a mudez, berre Non máis mortos!
Haberá visitas guiadas para público en xeral e para colexios e institutos.

ACAMPA chama ao voluntariado para construir o Memorial pola Infancia asasinada en Gaza

Mostras fotográficas de gran formato

Ademais de Majdi Fathi, conforman a nómina de fotoperiodistas convidados Ana Palacios, Diego Ibarra, Pedro Armestre, Vincent Tremeau, Rodrigo Abd, Bruno Thevenin e Marta Moreiras. Coas súas imaxes, unha intención clara: convidar á cidadanía para reflexionar sobre eses millóns de nenos aos que se roubou o seu dereito para selo. As súas propostas expositivas, que permanecerán en Xardíns ata o 30 de xuño,  viaxan desde Gabón, Togo ou Benin á fronteira sur de España, mostran Gaza, Afganistán ou Ucraína. Trasladarán ao público á Cañada Real de Madrid, condenada á escuridade desde fai máis de catro anos, e enfrontaranlle a coma se vive a infancia se se nace cunha discapacidade en Guinea Bissau. Tamén permitirán ao observador achegarse a ese universo soñado por moitos nenas e nenos que, en metade dun conflito, pensan que desexan ser de maiores. Algúns deles, os que poidan acudir á cidade nesas datas, farán visitas guiadas polas mostras. As exposicións continuarán nos Xardíns de Méndez Núñez e o Obelisco ata o 30 de xuño.

Cinema, música e actividades paralelas

Dúas proxeccións están programadas no ACAMPA2024. O documental “M”, producido pola Deputación de Cádiz, con guión do xornalista Nicolás Castellano e a curta “Aunque es de noche”, dirixido por Guillermo García López, gañador do Goya 2024 nesa categoría. O público asistente poderá gozar da charla entre Castellano e Ismail El Majdoubi, un dos mozos que protagoniza o documental e que hoxe, xa de adulto, preside a Asociación ExMenas. Tamén, do encontro da presidenta da Asociación Cultural Tabadol, da Cañada Real, Houda Akrikez, e Marina García, da produtora Sintagma Films que sacou adiante a curta.

Este ano, poñerán son  dos grupos “Kreze”, “A Quinta de Do”, Belém Tajes e os músicos ucraínos Anna Haidukova, Myroslava Tatarchuk, Artem Matovka, Solomia Javchuk, Ihor e Lida Popadiuk

Como en edicións anteriores, haberá ademais moitas actividades paralelas a cargo dalgunhas das organizacións membros da rede Acampa pola Paz e o Refuxio. Entre elas, un Obradoiro de Primeiros Auxilios para nenos, impartido pola ONG AIRE, un Xogo de roteiros migratorios a cargo de MSF, un contacontos a cargo da ONG Por que non? e un taller impartido por Mundo sen guerras e sen violencia.

Apoios

Facer realidade este oitavo Encontro Internacional é posible grazas ao patrocinio do Concello da Coruña coa colaboración da Universidade da Coruña, a Deputación provincial coruñesa e o Concello de Narón. Tamén ao apoio doutras entidades e empresas. Agradecer a complicidade do CIFP de Someso e de RETO, a das empresas como Tórculo Edicións e Terras Gauda, así como todo o traballo do voluntariado de rede Acampa pola Paz  sen quen, seguro, sería inviable sacalo adiante.

Máis novas da Rede Acampa

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

Edición 2023:

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here