InicioA CORUÑAO novo enfrontamento entre Real Club Deportivo e o Concello impide aos...

O novo enfrontamento entre Real Club Deportivo e o Concello impide aos coruñeses gozar da festa de María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nin 24 horas pasaron do histórico ascenso á 2ª División, da multitudinaria festa da volta ao fútbol profesional, e club e Concello volven facer o ridículo.

Durante a noite de onte boa parte da afección branquiazul non podía esconder as súas queixas pola decisión do club de pospoñer a celebración na fonte de Catro Camiños para o último partido de liga, co único obxectivo para aproveitar economicamente a FanZone instalada en Riazor. Unha festa formulada para a mocidade que esqueceu ás familias e aos afeccionados de toda a vida…

Pero é que o primeiro día post-ascenso xa demostra que a este club a tranquilidade non lle senta ben. Despois da recepción, chea de boquexos e olleiras, esta mañá na Deputación da Coruña, e ao mediodía na Xunta, estaba previsto a recepción de sempre, a recepción municipal no Concello da Coruña, coa tradicional saída aos palcos de María Pita.

Pero nin eso. Pronto amencíamos cun comunicado da chamada “propiedade” (porque non lle chamamos Abanca?) no que aseguraba “suspender calquera visita institucional” debido a que ”a relación actual entre o RC Deportivo e o Concello non é a idónea para celebrar unha visita destas características”.

Se o club lanzaba este dardo deixando pendente á explicación outro comunicado ao longo do día, o Concello non calaba e lanzaba minutos despois un comunicado municipal botando máis leña ao lume:

”O Concello lamenta profundamente a decisión unilateral da propiedade do Dépor de impedir ser recibidos na casa de todos os coruñeses e coruñesas para celebrar o seu ascenso á 2ª división, tal e como se fixo coas xogadoras do Dépor feminino, e como sempre se fixo nas grandes ocasións na historia do club”, algo que o “o goberno local considera intolerable”.
E vai máis alá.: “Dentro da negociación do convenio, a vontade do Concello segue a ser a cesión gratuíta do estadio municipal por 25 anos (como ata agora) para que o Dépor poida desenvolver a súa actividade deportiva e competir ao máximo nivel. Mais lamentablemente e por primeira vez, a empresa propietaria do club, Abanca, esixe ao Concello a entrega total e gratuíta dun ben público para a súa explotación económica e comercial en exclusiva máis alá do ámbito deportivo esquecendo que o estadio é de todos. O Concello lamenta que a propiedade do club enturbe un momento de especial ledicia para a cidade polos seus intereses económicos que nada teñen que ver co deporte”.

O esperpento continuou co comunicado da tarde de Abanca, que continúa facendo política denunciando que “o concello pon en perigo o futuro do Dépor na 2ª”. Asegura o club que necesita a sinatura do convenio de uso do Estadio Riazor-Abanca, despois de xa terlle posto o seu nome comercial a unha instalación municipal. “A liga precisa un certificado de uso e goce do estadio que debe emitir o Concello para a temporada 24/25”, aseguran pedindo un convenio máis a longo prazo, chegando a acusar ao Concello de “afectar mesmo na existencia de recursos financeiros suficientes para as fichaxes”.

Mentres, as peñas piden entendemento.

 

GRUPOS DA OPOSICIÓN

En relación a esta cuestión, o grupo municipal do PP cuestiona, á súa vez, que “nun día tan esperado por todos os coruñeses” non se produza a citada recepción, que vincula coa “falta de diálogo” da alcaldesa da Coruña, Inés Rey. “Son tres anos de negociación enquistada para un novo convenio, a pesar dos intentos do club por desbloquear a situación e alcanzar un acordo aos tempos actuais”.

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG sostén que as “diferenzas” entre o goberno local e o Deportivo en torno ao convenio que regula o uso do estadio municipal “non deberían impedir a presenza do equipo neste acto”. Tamén lles insta a informar con “total transparencia” sobre os termos das conversacións, mentres que espera que nos próximos días “as diferenzas póidanse reconducir e póidase realizar en María Pita a recepción”.

 

Máis novas

DÉPOR, DÉPOR, DÉPOR… SEMPRE DÉPOR!

Chegou o momento

ÚLTIMAS

A fermosa colaboración entre CEEPR Lourdes e o CIPF Paseo das Pontes na formación profesional

O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das...

A Escola Municipal de Música xa cae a anacos

O persoal da Escola Municipal de Música da Coruña quere advertir que o pasado...

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros en Arteixo

Un traballador perdeu a vida tras caer dunha altura de oito metros no polígono...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here