InicioBARRIOSAs concentracións de apoio á causa palestina chegan aos barrios

As concentracións de apoio á causa palestina chegan aos barrios

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Contra a Nakba 1948-2024” e “Palestina libre do río ao mar” serán algunhas das arengas que se escoitarán esta tarde de mércores 15 de maio, a partir das 19:00h na Praza das Conchiñas. Os colectivos mñais comprometidos coa causa queren levar á loita aos barrios e por iso levan esta concentración co gallo do aniversario da Nakba. Nakba significa en árabe “desastre”, “catástrofe”.

Así, BDS Coruña, xunto cos Sindicatos CGT, CUT, Sindicato de Elevación, CNT e Sindicato de Estudantes, unen forzas coa Asociación Veciñal da Agra do Orzán, neste acto no que se poñerán fotos das mártires palestinas nas diferentes masacres cometidas por Isrel desde a Nakba.

Por outra banda, os sindicatos e as traballadoras galegas respostan ao chamado dos sindicatos palestinos ás traballadoras de todo o mundo a parar de armar a Israel e a rematar con toda complicidade co sionismo.

Lembran a historia da Nakba, a limpeza étnica das palestinas levada a cabo por Israel en 1948 a través da súa expulsión violenta, desposesión de terras, fogares e pertenzas, xunto coa destrución da súa sociedade, cultura, identidade, dereitos políticos e aspiracións nacionais.

Concentacion Palestina nas Conchinas

A chave como símbolo da resistencia

Moitas das palestinas da diáspora conservan coma un tesouro a chave da vivenda que tiñan en Palestina antes da expulsión. Na Praza das Conchiñas se fará alusión a este símbolo de esperanza de retorno.

Máis novas

Estudantado da UDC, montan a primeira acampada estudantil de Galicia en apoio ao pobo palestino

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

 

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

ÚLTIMAS

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here