InicioA CORUÑADurante a celebración do ascenso do Depor, un home foi detido por...

Durante a celebración do ascenso do Depor, un home foi detido por tratar de agredir a un policía nacional

Publicada o

Por Amanda Ferpe

Un home foi detido, quedando posteriormente en liberdade como presunto autor dun delito de atentado sen lesións, tras tratar de agredir cun coitelo a un policía nacional que procedeu á súa identificación durante unha intervención nun bar da Coruña coincidindo coa celebración do ascenso do Deportivo a Segunda División.

“Unha coitelada foi á cabeza, ao casco, e outra ás costas, e parouna o chaleco”, concretou o secretario xeral do Sindicato Unificado Policía (SUP) na Coruña, Marcos Franco, en declaracións a Europa Press. Sobre o sucedido, asegurou que a protección dos axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) evitou que o policía recibise as puñaladas.

Policía Nacional recibiu un aviso dunha persoa ferida tras unha liorta nun bar, no barrio de Catro Camiños. Ao personarse no lugar, a vítima identificou o autor da agresión e, cando os axentes procederon á súa identificación, o home “reaccionou lanzando dúas coiteladas”. A continuación, “reduciron” ao individuo, ao que detiveron. Trátase dun “vello coñecido” da Policía Nacional, con “multitude de antecedentes”, na súa maioría por roubo.

Sobre a súa situación xudicial, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) precisaron que se lle considera autor dun presunto delito de atentado sen lesións, todo iso á espera do que determine a instrución. Polo tipo de delito, acordouse a posta en liberdade despois de que Fiscalía tampouco pedise o seu ingreso en prisión e non se considerase a existencia de risco de fuga. Tamén está pendente de investigar a pelexa previa á chegada dos axentes, na que o detido resultou lesionado.

ÚLTIMAS

O conto do rei nu

Este ano foi a primeira vez que participei como nominado na vixésimo cuarta cerimonia...

Down Coruña fai historia asinando primeiro contrato de aluguer para tres dos seus usuarios

Pedro, Carlos e José Manuel son os primeiros membros da familia de Down Coruña...

Caamaño&Ameixeiras únense a Xoel no San Xoán que abre o Noites do Porto

Continúa collendo forma o programa especial para a Noite de San Xoán no escenario...

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

Xa están abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici, que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here