InicioCULTURAAs bandas 'Moura' e 'Caldo' ofrecerán un concerto conxunto polo Día da...

As bandas ‘Moura’ e ‘Caldo’ ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón

Publicada o

Por europapress

A banda coruñesa ‘Moura’ e o trío vigués ‘Caldo’ ofrecerán un concerto conxunto polo Día da Música no Teatro Colón, na Coruña, no que experimentarán coa música de tradición oral. Segundo informou o Concello da cidade herculinaa medio camiño entre a neo-psicodelia, a música tradicional e o rock progresivo, Moura presenta o seu novo EP ‘Fume santo de loureiro’ e interpretarán o seu repertorio máis desexado, con cancións como ‘Axexan, espreitan’.

A proposta de Caldo, máis íntima e moderna como unha das imprescindibles á hora de entender á renovación e posta en valor da música tradicional mediante a experimentación sonora. O concerto ofrece a posibilidade de escoitar a dúas das bandas máis recoñecidas do actual panorama galego. A cita celebrarase o 22 de xuño ás 20.00 horas e os que queiran asistir deberán obter a súa invitación gratis na dirección https://pago.ataquilla.com/#/event/X3AG3MYX/session/1T6NFP5E0?lang=es ou no despacho de billetes da praza de Ourense.

ÚLTIMAS

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular

A sétima edición do Atlantic Pride, afianzou a posición da Coruña como a cidade...

As Xubias, Os Castros, Feáns, Monelos, Peruleiro- Mariñeiros, As Xubias e O Portiño métense de festa

Coruña vivirá unha das fins de semana máis intensas do verán en canto a...

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...