InicioBARRIOSEn Labañou tamén se fala galego

En Labañou tamén se fala galego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fixo historia o IES Rafael Dieste organizando todo un festival como o que se viviu este venres na Praza da Tolerancia. Un festival, o Aquí tamén se fala, que demostra o potencial da música como axente normalizador, facendo que todo Labañou se puxese a rimar e a cantar temazos en galego. Porque “En Labañou tamén se fala galego”, como rezaban os vasos reutilizables da tamén comprometida Asociación de Veciños do barrio.

Temazos de Boyanka Kostova ou de Grande Amore que xa se teñen convertido en himnos xeracionais, en galego, da nosa mocidade, que na cidade vai recuperando o seu contacto directo coa nosa lingua gracias, en boa medida, a esta incrible campaña que xa implica a a 25.000 estudantes de 200 centros educativos de todo o país, e que tamén trascende as fronteiras do sistema educativo, con 50.000 carteliños colocados en todo tipo de establecimentos que colaboran coa iniciativa.

Responsables das administracións co equipo do IES Rafael Dieste
Responsables das administracións co equipo do IES Rafael Dieste

Pola tardiña, foi o momento das institucións. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a deputada Soledad Agra, o Concelleiro Gonzalo Castro ou o Secretario Xeral de Política Lingüística ValentínGarcía, asistiron ao comezo do Festival e se fotografiaron con grupo de alumnos e alumnas máis implicados na campaña e a organización do festival.

A xornada foi de absoluta festa arredor da música galega contemporánea. Abriu a festa a banda coruñesa Leria, formada Mayra, Helena, Itzi e Andrea, chega coa súa “chulita” frescura.

Lontreira, a banda da Illa de Arousa, puxo a toda a praza a bailar coa súa electrónica galaica cargada de mar e diversión.

Armárona Boyanka Kostova sobre o escenario, pero máis co propio público, pois pasaron medio concerto de lea, subidos aos hombreiros da rapazada e dándose

E o Nuno de Grande Amore puxo o fin de festa con algún deses lemas que definen unha xeración como o “esa pena que levo dentro”, que retumbou por todo Labañou.

Unha demostración de que a rapazada está activa, de que na Coruña se pode falar galego, de que a música galega é un axente que ten que contar no proceso de renomarlizción da nosa cidade.

”Isto é só o comezo”, avisan dende a organización do Aquítamensefala!

 

Máis novas

O FEAE á innovación educativa, novo premio para a campaña “Aquí tamén se fala”

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

101 festivais de toda Galicia nun fío

ÚLTIMAS

Unha táboa flamenca do século XVI recuperada do tráfico ilícito entregada ao Museo de Belas Artes da Coruña

O Ministerio de Cultura entregou ao Museo de Belas Artes da Coruña -- de...

A coruñesa María Nieto lánzase ás meigas na súa segunda novela

Hijas de Lilith, a nova novela da escritora e xornalista coruñesa María Nieto, chegará...

CRMH recorrerá a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña anunciou que recorrerá a...

Inés Rey destaca o San Xoán e o Recorda Fest, ademais do eclipse, no aumento da ocupación hoteleira

A cidade da Coruña medrou en visitantes e en pernoitas, cunha ocupación media nos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here