InicioPOLÍTICAO PP da Coruña ve na reestruturación do goberno local unha "operación...

O PP da Coruña ve na reestruturación do goberno local unha “operación de maquillaxe”

Publicada o

Por europapress

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, cualificou de “operación de maquillaxe” a reestruturación do goberno local da Coruña anunciada pola alcaldesa, Inés Rey, e que inclúe a supresión dos coordinadores de área e asigna aos edís distritos por barrios.

“É máis do mesmo”, sentenciou en rolda de prensa o edil popular para quen “se cambian os concelleiros”, dixo en relación ás súas novas responsabilidadades, pero “mantense o segundo plano”, en alusión aos que que ocupan outros cargos nas distintas concellarías.

“Lage tiña o 80% das competencias e nomeounos el”, aseverou en alusión ao que segue sendo portavoz do goberno local, José Manuel Lage, pero que xa non terá a responsabilidade de Planificación Urbana. “Chámame a atención que teña un portavoz que mente”, manifestou, ademais, en referencia ás explicacións que deu sobre as obras de reforma nun inmoble da súa propiedade.

UNHA “AUTOCENSURA”

Por outra banda, Lorenzo cualificou de “autocensura a si mesma” os cambios por parte da rexedora coruñesa, Inés Rey. “O que quere é un goberno máis eficaz, entón recoñece que ten un goberno ineficaz”.

“Quere un máis próximo, é que recoñece que non están na rúa”, insistiu o edil popular para quen a alcaldesa socialista “copiou o modelo” do PP con edís por áreas para abordar as demandas dos barrios.

“Hai que estar a pé de rúa”, manifestou ao asegurar que esa é a política do PP. “A xestión é nefasta, falta de diálogo”, asegurou para atribuír tamén as modificacións no goberno municipal aos resultados dos socialistas nas últimas eleccións.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...