InicioCULTURAPresentado o programa do Orgullo coruñés

Presentado o programa do Orgullo coruñés

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A festa do Orgullo coruñés comezará este sábado 22 de xuño e prolongarase ata o 10 de xullo, que se suma ao Atlantic Pride, que collerá o relevo do 7 ao 14 de xullo.

Cunha programación completa artellada entre Concello e entidades tan fundamentais pola diversidaed Casco, Alas, Palestra, Fundación 26 de Diciembre, Les Coruña, Les Working, ORCO, Corufest, Arelas e Nós Mesmas. Pero tamén as asociacións veciñais do Ventorrillo, Orillamar – Monte Alto e Oza – Gaiteira – Os Castros, estas dúas últimas como novidade deste ano, amosando o “carácter reivindicativo do tecido veciñal coruñés”.

Unha das principais novidades deste Orgullo 2024 será a primeira edición do Premio Tomás Fábregas, que a partir deste ano recoñecerá o traballo de persoas ou entidades en favor dos dereitos das persoas LGTBI+. Tomás Fábregas foi un activista coruñés recoñecido pola súa loita contra o sida e polos dereitos do colectivo. Nos próximos días anunciarase a persoa que recibirá este galardón na súa primeira edición, cuxo acto de entrega será o 10 de xullo ás 17.30 horas en María Pita e pechará a programación.

Outra das grandes novidades será que o día 28 de xuño vaise a “reinaugurar” o paseo da Diversidade, nos xardíns de Méndez Núñez. Restauráronse os bancos pintados coas cores

Programación completa

Este ano a programación do Orgullo é moi variada e inclúe actividades artísticas, teatrais, coloquios, talleres e cinema, en distintos recintos e para todas as idades e públicos.

As actividades comezan este sábado 22 de xuño co coloquio “Homenaxe a Nós Mesmas. Conectando redes lésbicas en Galicia”. É un evento organizado por Les Working e Nós mesmas no que se falará da importancia do asociacionismo lésbico e dos retos das lesbianas en Galicia. Entre outras persoas de referencia intervirá a concelleira Noemí Díaz. Será ás 11.00 horas na Fundación Luís Seoane.

O martes 25 de xuño está programada a actividade “Defende ou teu lema. Taller de grafismo LGTBI” para preparar as pancartas e lemas que se utilizarán na manifestación do día 28. Será nas naves do Metrosidero ás 18.00 horas e está dirixida a menores de 30 anos.
O mércores 26 de xuño representarase “Vaga e maleanta”, un cabaret de Oniria Teatro, no Forum Metropolitano ás 20.30 horas con entrada libre ata completar capacidade. O xoves 27 de xuño levarase a cabo unha recepción ás entidades de defensa do dereitos LGTBI da
cidade en María Pita. “Desta maneira buscamos dar importancia e relevancia ás persoas LGTBI das entidades da cidade e quixemos facer esta recepción o día antes da manifestación para animar aos coruñeses e coruñesas a asistir”, sinalou a alcaldesa. Será ás 17.30 horas
no Salón de Sesións. Tamén haberá ese xoves un “Taller Drag” impulsado polo colectivo Drag Lab no Ágora ás 15.00 horas para o que haberá que inscribirse a través desta ligazón.

O venres 28 de xuño levarase a cabo a Manifestación do Orgullo, organizada e convocada por Alas Coruña. Sairá ás 19:30 da praza de Ourense para finalizar en María Pita coa lectura do manifesto.

O sábado 29 de xuño será o primeiro dos Orgullos de Barrio, no Ventorrillo. A asociación de veciños deste barrio xa organizou o seu Orgullo o ano pasado e repiten este ano con máis actividades. A festa será na rúa Alcalde Salorio Suárez e comezará ás 13:30 horas cun
concerto de Sophie Simonds. Tamén haberá actividades para os máis pequenos, descubrimento de dous murais e música pola noite. O domingo 30 de xuño será a quenda da festa dos veciños de Orillamar-Monte Alto, que comezará ás 13.00 horas na praza da Travesía de Orillamar. Hai programadas actividades como DJs, zona de xogos infantil, postos de comercio artesanal, un show de drags e unha exhibición de gaitas.

O luns 1 de xullo o Circo de Artesáns acollerá a partir das 18.00 unha sesión de contacontos e un coloquio para analizar o primeiro ano da Lei Trans. O martes 2 de xullo comezará o ciclo Cinema con Orgullo, programado por Mon Rivas. “Esta é unha actividade que tivo gran acollida nos últimos anos e que estamos orgullosas de ter impulsado desde este Goberno municipal”, sinalou a alcaldesa. Proxectaranse dúas películas e catro curtas de temática LGTBI na Praza de España ás cada días ás 22.00 horas. As películas serán “Luces Azules” (martes 2) e “Faire Famille” (mércores 3) e as curtas serán “Room4”, “Habitar”, “Volver cantando” e “O Coidado” (xoves 4).

Por outra banda, os días 3 e 4 de xullo haberá talleres de debuxo con Greta Debelius no Espazo Diverso ás 18.00 e 11.00 horas, respectivamente. O 6 de xullo celebrarase o último dos Orgullos de Barrio nos Castros, en colaboración coa asociación veciñal Oza – Gaiteira – Os Castros. Comezará ás 17.00 horas na praza da Cubela e incluirá un contacontos, DJ para todas as idades e a actuación das drags Muna Duval e Obvia. O luns 8 de xullo haberá outra actividade no Espazo Diverso. Trátase do taller “Adolescencias en plural”,
impartido por Sonia Martínez.

ÚLTIMAS

O sector cultural coruñés espera trasladáronlle a alcaldesa a inxustiza da política de grandes eventos

Saltaban á prensa a semana pasada para denunciar a política de "grandes eventos" do...

Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas e Omar Montes actuarán nas festas de María Pita

Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas e Omar Montes serán algunhas das propostas...

O persoal de recollida de lixos esixe unha reunión ao Concello para resolver o conflito

O persoal do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos da Coruña esixiu unha...

Aprobado un novo edificio de 7 pisos na Avenida de Arteixo

Aprobaba onte o Concello da Coruña a autorizacón á promotora Highfive, o proxecto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here