InicioBARRIOSO mercado ecolóxico familiar volve este domingo ao Campo da Leña

O mercado ecolóxico familiar volve este domingo ao Campo da Leña

Publicada o

Por editor

Este domingo, das 10.00 ás 15.00 horas, o Campo da Leña acolle unha vez máis o mercado ecolóxico municipal.

A programación da xornada inclúe un espazo de dinamización infantil ideado para que o gocen as crianzas, que estará aberto ata a conclusión do mercado, ás 15.00 horas. Entre medias, das 11.30 ás 12.30 horas, as e os pequenos poderán participar nun obradoiro creativo no que a rapazada aprenderá a fabricar as súas propias combas de salto mediante materiais reciclados.
Haberá 15 prazas como máximo no taller, con inscrición previa no propio mercado, xa desde primeira hora. O acceso é de balde.

Ademais, este domingo tamén haberá tempo para coñecer polo miúdo a obra da escritora coruñesa Pilar Alvarellos, que protagonizará un curso de literatura de proximidade aberto a todos os públicos, das 12.00 ás 12.45 horas.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis barrios

Ademais de volver ao Campo da Leña, á praza da Tolerancia, en Labañou, e ao
parque Europa, o calendario de eventos previstos ata finais de ano inclúe o desenvolvemento dos mercados no paseo das Pontes, a praza de Azcárraga, a praza de Vigo, o parque da Tirolesa de Novo Mesoiro e a praza de San Cristovo, nos Mallos.

 

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here