InicioBARRIOSA Arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, espera...

A Arqueta dos Frades, a segunda fonte da historia da cidade, espera os edificios da macrourbanización de Visma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa deron comezo as obras do delirio urbanístico de Visma-A Gramela, que se prolongarán durante un mínimo de 6 anos, para levantar 30 edificios, algún de ata 15 alturas.

Unhas obras que van ter moitas consecuencias no barrio. Ademais de perder a posibilidade de habilitar un parque, un pulmón verde, nun dos barrios con maior densidade de poboación do estado, de asolagar entre o cemento un colexio que vive en plena natureza, de dar sombra a varios barrios colindantes, de acabar coas hortas urbanas… a macrourbanización vai agochar un dos tesouros patrimoniais da cidade.

Falamos da Arqueta dos Frades, tamén coñecida como Fonte dos Romanos. Sita no medio e medio da agra da Gramela, e rodeada de bidueiros, aínda se mantén a segunda fonte de auga que tivo a cidade da Coruña. Tiveron que ser as denuncias veciñais e a presión da prensa a que conseguira evitar que a Arqueta fose atravesada por unha estrada, e o último proxecto aprobado, finalmente inclúe un proxecto de conservación, musealización e posta en valor da Arqueta, urbanizando a zona con carácter unicamente peonil.

Interior da Arqueta dos Frades-Fonte dos Frailes Visma Gremalea Coruna
Interior da Arqueta dos Frades

Menos mal porque falamos do segundo manantial co que contou a cidade. Se no século XVI, construise a coñecida como “A viaxe da auga de Vioño”, que abastecía por canles subterráneas a cidade, o progreso da vila, sobre todo no barrio da Pescaría, chegando a ter 12.000 habitantes, fixo que esta fonte quedase insuficiente dous séculos despois.

Foi arredor do 1718 cando se construiu a Fonte dos Romanos, a Arqueta dos Frades, ou o Manantial dos Frailes. Hai numerosos estudios que recollen a súa historia, como “Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de a Coruña”, de Carlos Valeiro Solsona, que a cataloga como “A Arqueta Madre da traída de San Pedro”.
Pouco despois, entre 1722 e 1726, o acueducto. O acueducto tiña unha lonxitude de 2km baixando polo que agora é Vila de Negreira, Paseo de Ronda, Paseo dos Puentes Rúa Ferrol ata Juana de Vega, dende o se abastecía ao centro da cidade.
Foi xa entreando no século XX cando se substituíu esta traída pola do río Barcés, pero a día de hoxe aínda se conserva a Arqueta, case intacta, e o paso alto polo Paseo dos Puentes, unha das xoias históricas da cidade.

Manantial da fonte dos Frailes de Visma ao centro
Dende aquí partía o acueducto que hoxe aínda permanece erixido no Paseo das Pontes

A Arqueta vive esquecida entre a maleza, pero conserva a súa riqueza, A auga sae cristalina, en dirección ao centro da cidade, e sobre as súas lousas de pedra aínda se poden atopar tritóns raniñas…

fauna na arqueta dos frades
Fauna nas cristalinas augas da arqueta

Os intentos de recuperala remóntanse a moito tempo, e mesmo houbo quen presentou unha proposta nos Orzamentos Participativos, pero o Concello respondera que “a parcela na que se sitúa este xacemento arqueolóxico non é de titularidade municipal” e que ademais, estaba en “tramitación un proxecto de urbanización” que hoxe vai collendo altura.

Máis novas

A Farruca non poderá saltar polas corredoiras de Visma

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

O “delirio urbanístico” de Visma

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

ÚLTIMAS

As Vítimas do Franquismo retoman a petición de eliminar as distincións a Manuel Fraga

Hoxe foi presentado en roda de prensa o manifesto da campaña "Non queremos a...

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Mentres a cidade celebra os 25 anos do título de Liga, a mocidade estudantil...

Grazas Pepe, un dos derradeiros grandes soñadores

“Donde estea, estarei por ti, estarei contigo, porque é a forma superior de estar...

Comezan as obras dos novos accesos ao Chuac, que deberían estar rematados en 2027

As obras dos novos accesos ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) comezaron coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here