InicioSOCIEDADEMariscadoras e mariscadores do Burgo esixen axudas ante unha situación "asfixiante"

Mariscadoras e mariscadores do Burgo esixen axudas ante unha situación “asfixiante”

Publicada o

Por europapress

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a conclusión das obras de dragado, á espera de que crezan as crías e ante unha situación “asfixiante”. Emprazan de novo a Xunta e Goberno a unha reunión para “tentar desencallar isto canto antes”.

Así o manifestou o portavoz do colectivo, Manuel Baldomir, en declaracións a Europa Press. Fíxoo nunha nova protesta na zona da Pasaxe que causou retencións nas vías de saída da cidade herculina. Os manifestantes cruzaron a ponte cortando o carril dereito dirección saída desde as 14,00 horas.

“A situación segue igual”, lamentou Baldomir para engadir que “dá a sensación de que non queren atoparse as dúas administracións cara a cara”. “É coma se falasen de forma interna entre elas para porse de acordo e non asistir as dúas ao mesmo tempo”, engadiu.

A este respecto, lembrou que “desde o mes de maio”, cando se celebrou unha reunión á que asistiron “o tres partes” — representantes da Confraría de Pescadores da Coruña e do Executivo autonómico e central –, “nunca máis” volveron a coincidir.

Baldomir apelou a “tentar desencallar isto canto antes”. “A situación é moi asfixiante tanto economicamente como psicoloxicamente”, alertou. O portavoz refírese a unha problemática que afecta ás 74 familias que vivían do marisqueo da ría do Burgo e que unha vez finalizadas as obras de dragado e acometida a sementeira ata que poidan faenar deben pasar “entre 18 e 24 meses”.

ÚLTIMAS

Xa chegan os buses a Xuxán

Agroman os edificios como cogumelos no barrio de Xuxán, e por fin as infraestruturas...

“O solo público municipal non está para resolver os problemas de Metrovacesa”

Xa preguntou o PP a semana pasada pola intención do grupo de goberno de...

O Tío Benito do Santo xa ten unha rúa en Curtis

Segue Curtis recoñecendo o legado do Tío Benito do Santo. Esta fin de semana,...