InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOTratan de converter o monumento natural de Dexo e Serantes nun centro...

Tratan de converter o monumento natural de Dexo e Serantes nun centro de operacións militares

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mobilízase o Concello de Oleiros ante o novo ataque da Xunta ao seu patrimonio natural. No canto de protexer as zonas declaradas como protexidas, a Xunta aprobou no seu teórico plan de protección o permiso para realizar prácticas militares.

O Plan Especial de Protección do Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes impulsado pola Xunta é máis un pasaporte á degradación do lugar que un documento serio para a protección co ecosistema”, denuncia o Concello oleiro, que lamenta que se queira reducir a superficie protexida permitindo ademais entrar, a través de deportes como a escalada, nas fermosas furnas, nas que se desenvolve a vida de milleiros de aves mariñas.

As furnas da zona do Seixo Branco

Así, o Concello recorrerá e alegará a este documento “por atentar contra a vida natural e ser contrario ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e á máis razoable versión do que debe ser un espazo natural protexido”.

Lembran que esta paraxe natural está protexida polo Concello desde o ano 2000 a través do Plan Xeral de urbanismo, logo de defendelo ante o Ministerio de Defensa, que quería declarar urbanizable parte do seu ámbito. Tras a súa inclusión na rede europea Natura como Monumento Natural, a Xunta asumía o compromiso da súa xestión e mantemento dun ámbito que abrangue desde o Faro de Mera ao Porto de Lorbé. “Esta colaboración nunca existiu. O único esforzo da Xunta foi financiar parte dun tractor para manter os accesos”, lamentan dende Oleiros.

A permisividade da Xunta abrangue tamén ás prácticas militares no ámbito costeiro, entre A Marola, O Marolete, Marola Pequena, Monte Meán, O Corval e a Cova do Ladrón, que poderían utilizarse por exemplo como zonas de tiro, algo “inadmisible” para o Concello.

Dexo Monumento Natural

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here