InicioCULTURAOs muradáns The Rapants puxeron a bailar a todo Riazor

Os muradáns The Rapants puxeron a bailar a todo Riazor

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A música galega contemporánea salvou o Noroeste. O Festival que esmorece brillou gracias ás actuacións estelares de dúas bandas que están a revolucionar o panorama galego, e que pronto trascenderán das nosas fronteiras. Fixeron historia as Fillas de Cassandra na xornada do venres, e o que fixeron os muradáns The Rapants para pechar o festival foi un auténtico bombazo.

A pesar dos recortes de espazos musiqueiros, da falta de sesións vermú na fin de semana, da baixada do nivel do cartel principal, a xente da Coruña e de toda a provincia sempre responde e o areal durante o concertazo de Vetusta Morla amosou a estampa das mellores noites. Os de Tres Cantos se despedían cunha actuación chea de enerxía, co público entregado cantando cada un dos himnos que teñen regalado ao imaxinario musiqueiro estatal.

Concerto de Vetusta Morla no Noroeste-Foto-Telmo Cerqueiro
Concerto cheo de Vetusta Morla no Noroeste-Foto-Telmo Cerqueiro

Acabou Vetusta e houbo un relevo xeracional entre o público. Os máis veteranos ían deixando espazo mentres a mocidade subía a banda pola beira cara as primeiras filas. Rápido entendeu o público iso da “Máquina del Buen Rollo”, o nome do último disco dos muradáns, pois xa o primeiro acorde de Xanma e o primeiro baquetazo de Xaquín a xente botouse a bailar.

Pronto Samuel Rapante tomou o mando e meteuse a todo o areal no corazón coas letras divertidas cheas de seseo, gheada e cheísmos e as súas divertidas conversas. “Gracias aos nosos teloneiros de Vetusta Morla, que o fixeron xenial”, bromeaba, lembrando e agradecendo (non coma outros que non se lembraron das pequenas salas da cidade) á CUAC FM que lles permitiu subir ao escenario de Riazor fai 5 anos tras gañar o seu concurso de bandas.

Ao carón, o baixista Mati coa súa simpática pinta de Iron Sheik trasladando nada máis que iso, bo rollo. Sorprendía ver tanta tanta xente coñecendo cada un dos temas destes 4 muradáns desenfadados, que apenas levan 6 anos subidos aos escenarios. O seu fresco funki, que a moitos lembran sons tipo Two Door Cinema Club ou mesmo Franz Ferninand callou na parroquia coruñesa, e pronto o fará nos festivais de todo o estado.

Xanma de The Rapants nas pantallas de Riazor
Xanma de The Rapants nas pantallas de Riazor
The Rapants no Noroeste-Foto-festnoroesteEG
The Rapants en RiazororoesteEG

Máis novas

As Fillas de Cassandra revolucionan o Noroeste

O Noroeste, o festival que esmorece

 

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here