InicioSOCIEDADEO Día Mundial do Videoxogo fala galego

O Día Mundial do Videoxogo fala galego

Publicada o

Por editor

Os videoxogos en galego existen e así chega para demostralo “Xogando en galego”, o novo programa para a plataforma dixital da CRTVG, Agalega.gal, que chega neste 29 de agosto, Día Mundial do Videoxogo.

Esta produción de Recuncho Gamer, canle de divulgación de videoxogos en galego desenvolta polo coruñés Iago Gordillo, presentada por Ángela Triana e Jon Amil fai un repaso por cinco videoxogos en galego que se poden atopar actualmente no mercado. Todo isto en microcapítulos de 2 minutos presentados por avatares animados e cun ton desenfadado.

O programa abrangue aventuras gráficas de corte pixelado como Yuppie Psycho, matamarcianos con inimigos que parecen sacados dunha ría galega como Fullblast, crebacabezas coloridos como Magic Twins, ou xogos de velocidade; ben sexa en coches veloces como os do Super Woden GP 2, ou ben en carrilanas por Esteiro adiante como no Gran Prix Turbotalina.

Máis novas

Nace “Agalega”, a plataforma dixital da CRTVG en resposta á Iniciativa Xabarín

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

ÚLTIMAS

A licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a 25 anos incluirá a súa remodelación

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha demanda histórica: vén de asinar...

Sen autobuses e con piquetes: nova xornada de paros no transporte de viaxeiros da Coruña

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

A xornada de paro dos taxistas vén de colapsar a entrada da cidade. O...

O’Mega chama á folga a máis de de 10.000 sanitarios en Galicia

Novo parón na sanidade pública galega. A precariedade laboral dos nosos sanitarios segue provocando...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here