InicioSOCIEDADEO TSXG anula o despedimento dunha empregada dun salón de xogos que...

O TSXG anula o despedimento dunha empregada dun salón de xogos que deixou entrar á súa neta de seis anos

Publicada o

Por europapress

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o despedimento dunha empregada dun salón de xogos na Coruña, decisión que adoptou a empresa despois de que deixase entrar un momento á súa neta de seis anos, que ía acompañada pola súa nai.

A muller prestaba servizos desde 2003 no citado establecemento pero en outubro de 2022 a empresa remitiulle unha carta de despedimento, alegando motivos disciplinarios. En concreto, sostiñan que era pola entrada dunha menor de seis anos, en setembro dese ano, no citado salón de xogos cando, incidían, está expresamente prohibido o acceso de menores de idade.

Tras declararse a procedencia do despedimento en primeira instancia, a muller recorreu, estimando agora parcialmente o seu recurso o alto tribunal galego, que declara a improcedencia do despedimento. Tamén condena á empresa a readmitila con abono dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ou a abonarlle unha indemnización que fixa en case 37.000 euros.

“Sen negar o feito de que a entrada dun menor nun salón recreativo está prohibida e podería ocasionar un prexuízo á empresa a través dunha sanción, o certo é que no caso que nos ocupa nin consta sanción algunha á empresa, nin pode cualificarse a forma de actuar da traballadora aquí recorrente como unha actuación grave e culpable de desobediencia ás normas e ás indicacións”, sinala o TSXG.

“Debe porse tamén en relación a sanción de despedimento imposta á recorrente coa sanción imposta á outra traballadora (suspensión de emprego e soldo por 16 días)”, sinala sobre outra empregada da que asegura que “aínda que é certo non foi a que permitiu a entrada da menor, tamén incumpriu a normativa ao permitir que permanecese dita menor no establecemento”.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...