InicioSOCIEDADEO “caramelo envelenado” do recorte horario do profesorado

O “caramelo envelenado” do recorte horario do profesorado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O que parecía ser unha demanda histórica do profesorado dos Centros, o recorte de horas lectivas ata as 23 horas semanais, estase convertindo nun “caramelo envelenado”. Así definen o acordo asinado a finais do ano pasado moitas persoas vencelladas co sistema de ensino público.

Explican dende os centros que a medida provoca que haia menos horas lectivas do profesorado, pero que a Xunta non cobre esas horas con máis profesorado. Nun centro pequeno, por exemplo, con 15 profesor@s, como se cobren esas 30 horas lectivas menos que ata este curso tiñan disponibilidade os mestres?, pregúntanse moitos.

Relatan que no día a día é moi complicado, e que “a Xunta escúdase na boa vontade do profesorado para non reforzar os equipos porque sabe que van responder”, explican. E poñen exemplos. “Cando faltan apenas un par dous profes, pois por calquera motivo, moitos centros veranse obrigados a xuntar dúas clases, porque non hai profesores dispoñibles”.

A “progresiva” rebaixa do ratio

O que se anunciaba o curso pasado como un gran avance, tamén se está a ver a súa pouca incidencia real. A rebaixa do ratio de alumnado por aula pasa de 25 a 20, pero en realidade é unha medida progresiva que empeza só pola aula de 3 anos (4º de Educación Infantil), e que se vai ir implantando curso a curso… É dicir, se cadra dentro de 9 anos deixa de haber clases de 25 alumn@s….

Así, este curso seguirá habendo clases de 24-25 alumn@s, e cunha casuística moi variada, chega a ver clases que superan os 26.

Máis necesidades específicas

A todo isto hai que engadirlle unha situación evidente: Cada vez hai máis nen@s con necesidades específicas, (xa son 1 de cada 36 nacementos) e pola contra hai menos horas de profesorado e hai centros que quedan sen auxilliares a pesar de ter nenos aos que a Xunta de Tratamento lle asignou unha Coidadora específica.
Neste sentido, a Xunta segue a ter a man moi curta á hora de outorgar AL e PT (auxiliares de Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica), a pesar de que os centros seguen demandando máis e máis colaboración.

Máis novas sobre os recortes

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

 

ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

As Festas da Cubela mergullan o Parque de Oza nos ritmos xamaicanos

Este sábado 20 e domingo 21, ademais das Festas Diplomáticas de Monte Alto as...

Debe condicionar o pago da débeda do porto exterior a trascendental reordenación da fachada marítima?

Pouco público este pasado mércores no Forum para a interesantísima Palestra sobre o trascendental...

O goberno local presentou a serie de encontros veciñais para debullar un Plan de Barrios que inviste 125 millóns

O Goberno municipal presentou esta mañá de xoves 18 de setembro, no Ágora, o...

Un ciclo de cine, un mural e unha exposición en Oleiros contra o xenocidio do pobo palestino

Segue a ser o Concello de Oleiros unha das entidades públicas de todo o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here