InicioBARRIOSA veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan...

A veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan alegacións ao convenio de Ginko

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Os colectivos veciñais da plataforma cívica Defensa do Común e a asociación Eumedre das Xubias, mantiveron onte unha reunión para estudar as posibles alegacións conxuntas ao convenio asinado entre o Concello da Coruña e a empresa Castro de Oza-Ginkgo para a urbanización das Xubias.

Ambas entidades considérano “improcedente” e solicitan o seu arquivo, pedindo ao mesmo tempo abrir un novo expediente cun “novo período de información pública pero garantindo a maior transparencia e participación con vistas a ordenar esa parte do último borde litoral en beneficio dos intereses veciñais e non dos dun fondo buitre como é Ginkgo Advisor”.

A Plataforma Cívica lanza unha clara mensaxe ao goberno municipal: “debería reflexionar sobre como o control do sistema financieiro e, desde fai anos, tamén dunha boa parte da economía real, descansa sobre unha complexa rede interconectada de diversos fondos de inversión e xestores de activos que someten ás sociedades a estos novos monarcas absolutos. Señores feudais que mesmo son quenes de poñer firmes aos propios gobernos”, critica, deixando claro “o perigo que representan estos fondos parar rexer o curso das sociedades según seu propio e peculiar arbitrio, pero lonxe das necesidades máis inmediatas do conxunto da poboación”.

Falta de transparencia

A falta de transparencia é unha das claves das alegacións. “Pola sua tracendencia, a definición e transformacion da Fachada Maritima e do bordo litoral, no que se inclúe o ámbito da Ría do Burgo-As Xubias, ten que ser un proceso de participacion pública e dos diversos sectores interesados”, explican en referencia tamén á necesaria participación veciñal na definición da nova fachada marítma. “E contradictorio que precisamente no espazo mais sensible e delicado o Concello pretenda recurrir a un Fondo de Inversion, oculte informacion transcendental e coarte a informacion e participacion cidadá”.

Nese sentido sinalan que As Xubias forman parte da “fachada marítima” e que o seu proceso de urbanización debería estar incluído na Comisión aberta para tal fin. “ A Fachada Maritima da Cidade” , e dentro dela a API da Ría do Burgo, ten que ser diseñada coma un conxunto unitario dende o Dique de Abrigo a Ponte Pasaxe, sin poder segregar ou excluir terreos para ordenacións a medida e redactadas pola iniciativa privada”, entenden.

A entidade lembra que anteriormente houbo unha proposta da compañía Landcompany que tamén afecta á zona dos antigos asteleiros Valiña, onde se unha parte substabcial de edificabilidade e vivendas da API, pero que o Concello desbotou aplicando nuha clara mostra de “favoritismo” en favor de Castro de Oza.

Sobre as modificacións do PXOM

As alegacións tamén recollen os cambios do PXOM, entendendo que o PXOM de 2013 “non corresponde coas necesidades urbanisticas e socialis actuais do espazo, nin tampouco coas perspectivas centificas do cambio climatico e desenvolvemento sostible”. Lembran que en 2022 comezouse unha modificación puntual do PXOM co estudo de impacto ambiental da Xunta, pero que quedou paralizada sen ser levada a pleno, “sen ningun tipo de motivo ou explicacion, sin constar tampouco acordo da sua suspensión polo organo municipal correspondente. Esta Modificacion Puntual do 2022, era considera polo Concello o ponto de partida para un proceso posterior de participación pública e sempre baixo a iniciativa pública, e non dun fondo de inversion privada”. Avisa ademais que o convenio inclúe “xeneralidades e ambiguedades”, en temas tan importantes como a definición de alturas, ordenacion ou edificabilidade”.

ALEGACIÓNS DO PP, BNG E DEFENSA DO COMÚN

Os grupos municipais do PP e do BNG, así como a entidade Defensa do Común, presentaron, segundo informan, alegacións polo convenio subscrito polo consistorio coruñés co fondo de investimento Ginkgo para a urbanización das Xubias.

Desde Defensa do Común piden que non se ratifique e cualifícano de “improcedente” ao entender que, entre outras cuestións, dáse á empresa privada a iniciativa para a redacción e tramitación no relativo ao proceso urbanístico.

“Consideramos necesario que a intervención e modificacións urbanísticas, incluída a de formulación e redacción do plan, sexan atribuídas ao concello, evitanto así a interferencia de intereses creados ou especulativos“.

Pola súa banda, o BNG demanda, nas súas alegacións, que non se exclúan tres polígonos da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que rebaixa a edificabilidade en todo o ámbito e pide que se volva a pór o convenio a exposición pública.

O BNG tamén reclamou ao Goberno central que paralice o convenio asinado polo Concello da Coruña e o fondo de investimento Ginkgo para o desenvolvemento urbanístico do barrio das Xubias ante o impacto que terá na implantación das proximidades e a fachada marítima.

Á súa vez, o PP rexistrou as súas alegacións ao convenio para frear, indica, “o pelotazo” que, ao seu xuízo, supón. “Nas Xubias falamos de formas e de fondo, non nos gustan as formas, ocultando o convenio sen informar a veciños nin oposición, nin nos gusta o fondo porque se favorece a especulación dun fondo de Luxemburgo”.

 

 

Máis novas

O PP alegará o convenio das Xubias para “evitar o pelotazo”

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Denunciado o condutor dun camión tras quedar atrancado no túnel de Juana de Vega

O condutor dun trailer foi denunciado tras quedar atrancado co vehículo no túnel de...

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here