InicioBARRIOSA veciñanza das Xubias trasládalle ao BNG o seu malestar pola falta...

A veciñanza das Xubias trasládalle ao BNG o seu malestar pola falta de información directa do Concello

Publicada o

Por editor

Moito se fala das Xubias dende que o pasado 8 de xuño a alcaldesa anunciaba o polémico proxecto de urbanización da man dun fondo de investimento suizo. Aquel día a rexedora realizaba unha visita ao barrio, pero esquecía xuntarse coa veciñanza.

De feito, a xuntanza de onte do BNG foi a primeira dun partido político coa veciñanza, se ben o PP xa se achegara pola zona para botar a foto. Os dous representantes máis activos do barrio recibiron ao portavoz e a concelleira responsábel de Urbanismo do BNG, Francisco Jorquera e Avia Veira, xuntanza na que lle trasladaron o seu malestar pola falta de informción directa por parte do Goberno Local sobre o convenio asinado co fondo de investimento suízo Gingko que vai provocar unha profunda transformación urbanística neste singular barrio.

”Demandamos do Goberno Local que actúe sempre con transparencia e escoitando as veciñas e os veciños”, sinala Jorquera.

Os represetantes veciñais deixaron claro que “a única información de que dispoñen é a que lles ten chegado polos medios de comunicación e polo propio fondo de investimento suízo, despois dun encontro co Ginko no que lles deixaron claro que “o único marco legal ao que se teñen que ater é o PXOM de 2013, que prevé a edificación de 631 vivendas”. Unha situación sobre a que xa se ten posicionado o BNG que esixe que o goberno local leve a pleno a modificación puntual paralizada en 2022 que reduciría a edificabilidade ás 241 vivendas.

O Grupo lembrou que o pleno xa rexeitou o proxecto instando ao goberno local ao suspender o convenio con Ginko, fondo que leva mercando parcelas na zona dende hai anos.

Abandono

Na visita, os edís comprobaron de primeira man o estado de abandono en que se acha o núcleo mariñeiro, caracterizado pola falta de limpeza, de conservación, de mantemento. “Este é un dato moi importante. Alén de anunciar grandes proxectos, o Goberno Local non pode desatender as súas obrigas do día a día e converter As Xubias nun lugar esquecido e marxinado”, di o portavoz do BNG, que se comprometeu “a levar as súas demandas e necesidades ao Pleno”.

Máis novas

A veciñanza das Xubias e a plataforma cívica Defensa do Común presentan alegacións ao convenio de Ginko

O bronco pleno rexeita convenio co fondo de investimento para urbanizar as Xubias

O BNG plántase e pide ao goberno socialista suspender o convenio das Xubias con Ginko

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

ÚLTIMAS

Accidente múltiple preto da peaxe da autopista da Coruña por mor dun xabarín

O atropelo dun xabarín provocou na mañán deste martes un accidente múltiple, con seis...

Acepta seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra que lle cedeu a galería José Lorenzo

Un home aceptou unha pena de seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra...

“Meirás será un dos lugares de referencia para o recordo e homenaxe a todas as vítimas da ditadura”

O Concello de Sada mostrou a súa satisfacción polo feito de que o Pazo de...

A Xunta declara como área de rehabilitación integrla a zona de Meicende-O Petón

A Xuntas aprobou a declaración como área de rehabilitación integral (ARI) da zona de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here