InicioOLEIROSDenuncian os recortes nos CEIP de Oleiros en mestres auxiliares

Denuncian os recortes nos CEIP de Oleiros en mestres auxiliares

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O que está a pasar este comezo de curso coa atención á diversidade no ensino por parte da Xunta de Galicia é demencial. Este curso a Consellaría reduciu en 80 o número de docentes de PT e AL (auxiliars de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) con destino provisional ao respecto do curso pasado, ao tempo que decidiu non atender as necesidades de atención preferente de máis de 30 centros que así o demandaban e que a CIG-Ensino reclamou na Mesa Sectorial.

En toda Galicia hai problemas, como na Costa da Morte, onde mesmo as familias dun cole de Carnota decidiron facer folga e non mandar as súas crianzas durante 7 días lectivos ao centro, como medida de presión ante os recortes.

Tamén na cidade da Coruña, onde varios centros denuncian a falta de persoal Coidadora para crianzas que mesmo a teñen asignada pola Inspección polo seu alto grao de Necesidades Educativas Específicas.

En Oleiros, xa é ata o Concello o que demanda  á Xunta de Galicia que incremente o número de profesores de apoio nos colexios Juana de Vega e Rabadeira nos que se produciron recortes respecto ao curso pasado nos mestres de PT e AL. Atendendo ás peticións das ANPA dos centros, o alcalde dirixiuse por escrito á Consellería de Educación para que modifique a actual situación.

O Juana de Vega pasou de 404 alumnos o pasado curso a 417 neste 2024/2025. Porén, o profesorado de apoio reduciuse de 5 profesores de apoio a 3.
O Concello tamén reclama a contratación dun profesor para primaria que aínda non se incorporou, o que está a xerar graves interferencias no funcionamento e organización do centro e un forte malestar na comunidade educativa.

Concello e Consello escolar da Rabadeira, en loita

No caso do Colexio Rabadeira a situación é similar. Tamén se recortou unha praza de profesorado de Audición e Linguaxe, malia que o alumnado con necesidades especiais aumentou.

Ademais da reclamación municipal, de maneira unánime, tódolos representantes no Consello escolar do CEIP Rabadeira (persoal docente e non docente, equipo directivo, Concello e representantes das familias)
acordaron remitir escrito ao Conselleiro de Educación e á Subdirección Xeral de Recursos Humanos, con copia a Inspección Educativa, reclamando a dotación do profesor/a de Audición e Linguaxe recortada no curso escolar 2024/2025.

 

ÚLTIMAS

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here