InicioSOCIEDADEFina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios...

Fina Paulos Lareo, nominada a Mellor Docente de España nos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024

Publicada o

Por editor

Fina Paulos Lareo, profesora do IES Maximino Romero de Lema en Baio-Zas, foi nominada a Mellor Docente de España, na categoría de Secundaria, aos prestixiosos VIII Premios EDUCA ABANCA 2024, premios considerados os “Goya da Educación”. Este nomeamento chega avalado polo seu alumnado, que quixo recoñecer o compromiso e dedicación á educación, especialmente no ámbito da intelixencia artificial (IA).

Fina Paulos Lareo, natural de Santa Marta Babío (Bergondo), leva máis dun ano liderando proxectos innovadores no campo da IA dende IES Maximino Romero de Lema, proxectos que xa saíron fóra da nosa Comunidade e algúns con moito éxito. Fina ten impulsado iniciativas que buscan integrar a IA no currículo educativo, demostrando como estas tecnoloxías melloran a aprendizaxe e fomentan valores entre o alumnado e como, por outra banda, a IA pode ser unha ferramenta de motivación para un alumnado que desexa introducirse en materias STEM.

Entre os proxectos destacados Fina, xunto con Óscar Rey, coordinou e desenvolveu mecanismos para facilitar a comunicación de persoas con parálise cerebral co alumnado da ESO, utilizando a IA para crear ferramentas accesibles e inclusivas, así coma proxectos para fomentar o uso do galego ou o patrimonio inmaterial da nosa comarca. Ademais, participou como poñente en congresos nacionais e internacionais sobre transformación dixital e IA na educación, sobre diversidade ou sobre a IA na educación en valores, compartindo as súas experiencias e aprendizaxes con outros profesionais do sector, a través de formación no CAFI de Santiago e CFRs de distintas provincias galegas.

Fina Paulos co companeiro Oscar Rey Calo
Fina Paulos co compañeiro Oscar Rey Calo

A nominación de Fina Paulos Lareo aos Premios EDUCA ABANCA é un recoñecemento ao seu traballo incansable dende hai máis de 25 anos, e á súa paixón por mellorar a educación a través da innovación.

Fina quere agradecer ao seu alumnado este recoñecemento, e por suposto, a toda a comunidade educativa do IES de Baio, onde coma ela di, “Sempre atopo apoio á hora de emprender algunha nova actividade“.

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here