InicioDEPORTESFillas de Breogán viaxan a Lyon para disputar o torneo de clubs...

Fillas de Breogán viaxan a Lyon para disputar o torneo de clubs máis importante a nivel europeo do fútbol gaélico

Publicada o

Por editor

O equipo feminino de fútbol gaélico da Coruña, Fillas de Breogán, vai participar no Torneo Paneuropeo de fútbol gaélico que se celebrará en Lyon (Francia) este sábado 19 de outubro.

O Torneo Paneuropeo é o campionato de clubs de fútbol gaélico máis importante a nivel europeo, e este ano celebra a súa vixésimo segunda edición. Os equipos divídense en diferentes categorías en función da súa posición nun ranking europeo, e compiten por diferentes trofeos.

No caso de Fillas de Breogán, esta será a súa sexta participación nun Paneuropeo tralas edicións celebradas na Estrada (2015), Maastricht (2017), Viena (2019), A Coruña (2022) e A Haia (2023). Nos últimos anos Fillas de Breogán competiron na categoría Intermediate, alzándose co trofeo no ano 2019 en Viena, aínda que tamén cómpre subliñar o subcampionato sénior do ano 2017.

Fillas de Breogan campioas
As Fillas de Breogán co título acadado en Viena en 2019

A Coruña foi sede do XX Torneo Paneuropeo en 2022. Esta competición trouxo á cidade uns 500 deportistas de toda Europa divididos en 13 equipos femininos e 20 masculinos.

ACERCA DE A CORUÑA FILLOS DE BREOGÁN

A Coruña Fillos de Breogán é o primeiro club de fútbol gaélico de Galicia, fundado no ano 2010. O club disputa tanto as competicións galegas coma o Campionato
Ibérico e o Torneo Paneuropeo. Os seus encontros como local celébranse na Cidade deportiva Arsenio Iglesias da Coruña.
O club dispón de seccións feminina, masculina e, desde o ano 2023, de veteráns.

Outras novas

Vari@s xogador@s do Fill@s de Breogán, ao Mundial de Fútbol Gaélico

ÚLTIMAS

Os sanitarios do CHUAC e dos Centros de Saúde volveron á rua para esixir medidas pola seguridade no traballo

A pesar das medidas anunciadas esta semana pola Xerencia da Área Sanitaria, o colectivo...

Os traballadores municipais de Cambre ofician o enterro dos seus dereitos

Singular performance a protagonizada este mediodía polos traballadores municipais do Concello de Cambre no...

Inés Rey reivindica en Milán as políticas locais para a sustentabilidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou nun foro en Milán as políticas municipais...

A UDC crea o ‘Consello do Estudantado’, novo órgano representativo

A Universidade dá Coruña (UDC) aprobou a creación do 'Consello do Estudantado', un novo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here