InicioCULTURAA “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

Publicada o

Por editor

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada ‘Lingua con dereito. Dereito á lingua’, unha cita de debate arredor das posibilidades de litigación estratéxica como vía de avance para os dereitos lingüísticos. Organizada pola área de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos da Mesa pola Normalización Lingüística, e presentada pola deputada de Igualdade Sol Agra, xuntou especialistas de todo o Estado: Xoán Antón Pérez Lema, Benet Salellas i Vilar, Iñigo Urrutia, Carlos Amoedo Souto, Elsa Quintas, Miguel Bieito, Cristina Fernández, Rut Carandell e Agurne Gaubeka. A xornada pechouse cunha homenaxe ao xurista e avogado Nemesio Barxa.

Á pregunta de cales son os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, a deputada contestou: “Resultaría absurdo facer esta formulación en calquera lugar do estado no que o castelán fora a única lingua oficial, porque a ninguén se lle ocorrería que tivese que defender o seu dereito a falar castelán en Madrid”.

Agra cualificou de “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego. “Á vista dos últimos resultados do Instituto Galego de Estatística, o feito de non poder lexislar para mellorar a situación da lingua no noso país só nos deixa actuacións paliativas, coma a organización destas xornadas ou o apoio económico a estas entidades que desenvolven un traballo imprescindible na defensa do noso idioma”. “E por iso estamos hoxe aquí”, engadiu, “para debater e informarnos sobre cales son os dereitos legais que temos para reclamar o que se supón que un dereito incuestionable, como é o uso da túa lingua propia no teu propio país”.

Xornadas coma a celebrada hoxe, son para a deputada “moi necesarias, porque cada vez a poboación ve con máis normalidade e resignación que non nos atendan en galego en ningún sitio, desde as tendas máis pequenas do comercio local até nas grandes superficies, na atención telefónica dos provedores de servizos que pagamos, como o teléfono ou a electricidade, nos locais de hostalería, nos bancos, nos avogados, notarios etcétera, etcétera”.

Máis novas lingüísticas

Carmen Pereira, mestra de Primaria: “A rapazada precisa máis contido galego”

“Hai moito galegofalante encuberto na cidade”

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

ÚLTIMAS

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en...

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

Coa V Marcha pola Devolución da Casa Cornide convocada para o vindeiro 14 de...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de...

Os medios cos que Salvamento Marítimo loita contra a contaminación contarán cun almacén en Punta Langosteira

A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar) contará cun almacén loxístico no porto exterior da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here