InicioBARRIOSNace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o...

Nace na Falperra-Os Mallos o primeiro Sindicato de Barrio para combater o rendismo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O espazo A Revolteira nacía aló por marzo na Falperra (no nº13), como un lugar vivo, activo, como unha “alternativa colectiva e comunitaria fronte un sistema que exclúe ás maiorías e ameaza a supervivencia dos nosos barrios, da nosa cidade, do noso país e do noso planeta”.

Ten realizado nestes meses presentacións de libros, obras de teatro, charlas, merendas, obradoiros, ensaios, clases… De feito, durante cara martes e mércores se desenvolven no centro clases de baile, ensaios de charanga, un club de videoxogos, obradoiros de teatro ou sesións de pensamento crítico.

A seguinte actividade terá lugar este sábado 30 de novembro, e reflexionará sobre o problema do acceso á vivenda na cidade e nos barrios. Abrirá a xornada, a partir das 18:00h, Javi Quiroga, que debullará a iniciativa #Ninmedionormal, que desenvolve a través do seu proxecto @Onovonormal e sobre a que xa temos falado.

De seguido, terá lugar a presentación do “Sindicato de barrio de Falperra – Os Mallos”. “Unha comunidade de loita coa que enfrontar colectivamente as dinámicas de expulsión e empobrecemento que padecemos as veciñas do barrio”. Unha comunidade autoorganizada para loitar contra o proceso de destrución social provocada polo rendismo.

Para rematar poderase cear comida vegana e bailar da man de DJ Tochi.

Máis novas

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

 

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here