InicioMOV. SOCIAISO persoal de Circet segue en loita contra os despedimentos e a...

O persoal de Circet segue en loita contra os despedimentos e a precarización laboral do sector da atención ao cliente

Publicada o

Por editor

Os traballadores e as traballadoras de Circet Infraestructuras de Telecomunicaciones S.A continúan co calendario de folgas e mobilizacións en rexeitamento ao ERE de extinción presentado pola empresa, que en Galicia suporía o despedimento de 118 persoas.

A compañía é concesionaria en Galicia de operadoras de telecomunicacións como Movistar e Vodafone, con clientes como a Xunta de Galiza, o SERGAS, Educación, Emerxencias, Defensa e outras administracións estatais e locais.

Dáse a circunstancia de que o contrato con Movistar foi mercado por Circet en xullo deste ano, previa autorización do Goberno do Estado, e agora, apenas tres meses despois, a empresa pretende despedir a case o 30% do cadro de persoal galego.

Para a CIG-Industria “o verdadeiro obxectivo deste ERE non é outro que avanzar na subcontratación, e polo tanto, afondar na desregulación e a precarización do sector para obter aínda maiores marxes de beneficios a conta da explotación laboral”.

Folgas e concentracións

Concentracion de Circet en Movistar Coruna 2

Para esta semana están convocadas tres xornadas de paro (26, 27 e 28 de novembro), que se desenvolven de xeito paralelo ás reunións do ERE que teñen lugar en Madrid.
A próxima semana tamén haberá folga os días 4 e 5 decembro, coincidindo co remate do período de consultas.

Tanto no día de onte como na xornada de hoxe, mércores, a folga está rexistrando un seguimento de practicamente o 100%. Para darlle visibilidade á súa loita, denunciar publicamente que o único obxectivo da empresa é precarizar as condicións laborais no sector e sinalar a responsabilidade de Telefónica neste conflito, o persoal vén desenvolvendo concentracións diante de cada un dos centros de traballo de Circet en Galiza, mais tamén diante de tendas Movistar e das centrais de Telefónica.

 

Máis novas

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

ÚLTIMAS

Xa en servizo o viario provisional que enlaza o Chuac coa AC-10

A Xunta puxo en servizo o viario provisional que enlaza o complexo hospitalario universitario...

Un tribunal determina ampliar requisitos do plan da fachada marítima, que sairá de novo a licitación

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais resolveu os recursos que se presentaron á licitación do...

Últimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Foron máis de 120.000 persoas as que participaron na feira, tanto ás distintas exposicións,...

Sumar leva ao Congreso “a privatización” das Xubias

Non parece que estea de todo pechado o convenio urbanístico das Xubias, a pesar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here