InicioDEPORTESGran dispositivo policial para evitar incidentes no Dépor-Zaragoza

Gran dispositivo policial para evitar incidentes no Dépor-Zaragoza

Publicada o

Por editor

O dispositivo policial polo partido entre o Real Club Deportivo e o Real Zaragoza deste sábado, declarado de ‘alto risco’ pola Comisión Antiviolencia, reforzarase e durará tres días. Así se acordou na Xunta de Seguridade celebrada este xoves e presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. Nela, — e tras os incidentes rexistrados no que enfrontou ao club coruñés co Málaga — concretouse o dispositivo de seguridade deseñado pola Policía Nacional para o encontro que terá lugar este sábado, día 7, ás 18.30 horas no estadio de Riazor.

Nesta reunión, estableceuse “reforzar a presenza policial“, así como “a activación do dispositivo desde a xornada previa”. Segundo concretou Rivas, debido á “particularidade de coincidir coa ponte da Constitución” o despregamento manterase “desde o venres ata o domingo”.

O mesmo, contará “tal e como sucedeu nos anteriores partidos de alto risco, con máis medios dispoñibles para atender os arredores do campo e diferentes puntos da cidade”, segundo informa a Subdelegación do Goberno.

En concreto, o operativo da Policía Nacional disporá de tres grupos da Unidade de intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Equipo de Información e guías caninos, especialistas do TEDAX, Unidade de Subsolo e protección ambiental, ademais de medios áereos, como un helicóptero e varios drones.

Para evitar alteracións da orde pública, a subdelegada apelou, ademais, ás afeccións a que “anticipen na medida do posible a entrada ao estadio posto que haberá maior control nos accesos e será máis lenta”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here