InicioA CORUÑAA Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

A Coruña, designada oficialmente como sede do Mundial 2030

Publicada o

Por editor

Por fin, a FIFA acaba de aprobar oficialmente a candidatura de Riazor como sede para o Mundial 2030. Así o ratificou este mércores, 11 de decembro, a FIFA nun congreso que foi seguido en directo desde a Cidade do Fútbol de Las Rozas pola subdeelgada do Goberno María Rivas e os concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o de Deportes, Manuel Vázquez.

O proxecto de transformación do estadio de Riazor nun recinto multiusos vai na liña seguida na actualidade polos grandes recintos deportivos a nivel europeo e mundial, cunha capacidade para 48.000 persoas (a pesar das reticencias de Abanca e sen que aínda se coñeza de onde sae a parte de investimento privado), que poida acoller eventos culturais e deportivos como a final da Champions League.

O proxecto, que transformará a cidade, contará coa Coruña como sede para os partidos do Mundial, catro concellos máis (Ferrol, Betanzos, Ordes e Cerceda) como centros base de adestramento, os tres aeródromos galegos como aeroportos oficiais da sede e co conxunto das prazas hoteleiras radicados en Galicia como aloxamentos oficiais.

MARROCOS, RIVAL POLA FINAL

Baixo o lema ‘Yalla Vamos’, os avaliadores xa deron unha nota moi alta a esta candidatura no seu último, 4,2 sobre 5, a maior da historia para un proxecto onde España, organizadora do Mundial de 1982 e que perdeu contra Rusia a edición de 2018, conta cun total de once estadios, coa incógnita de se se poderá reenganchar Mestalla.

Santiago Bernabéu e Riyadh Air Metropolitano, en Madrid, Spotify Camp Nou e o RCDE Stadium, en Barcelona, San Mamés (Bilbao), La Cartuja (Sevilla), Reale Area (San Sebastián), Estadio de Gran Canaria (Las Palmas), A Rosaleda (Málaga), La Nueva Romareda (Zaragoza) e o ABANCA Riazor  son os seleccionados.

Dous deles, os remodelados e modernos do Real Madrid e do FC Barcelona, optan a ser o escenario da final, outro dos puntos que marcou estes meses pola puxanza de Marrocos co seu futuro Gran Estadio Hassan II en Casabranca. De feito, este tres recintos, que tamén podería albergar o choque inaugural, sacaron a máxima puntuación (4,3) no informe.

O país norteafricano acollerá un Mundial por primeira vez e como segundo de África en facelo tras o histórico de Sudáfrica en 2010 e terá seis sedes. Antes, xa fora candidato en solitario para celebrar o de 2026, caendo claramente ante o proxecto conxunto de Estados Unidos, Canadá e México. Portugal, que nunca tivo unha Copa do Mundo, pero si unha Eurocopa (2004), terá unicamente tres, dous en Lisboa (Da Luz e o José Alvalade) e Do Dragao no Porto.

ÚLTIMAS

Un plan para enganar cunha herdanza leva a dúas persoas a xuízo

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro 7 de maio a dúas persoas...

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here