InicioMOV. SOCIAISOs traballadores e traballadoras de Circet en Galiza continúan en loita contra...

Os traballadores e traballadoras de Circet en Galiza continúan en loita contra o ERE

Publicada o

Por editor

Os traballadores e traballadoras de Circet en Galiza continúan co calendario de folgas e mobilizacións en rexeitamento ao ERE de extinción que a empresa pretende aplicar a pesar, segundo a CIG, de que “non existen causas económicas, organizativas ou produtivas que o xustifiquen”. O persoal mantense firme na defensa de todos os postos de traballo e así se evidenciou co rexeitamento masivo das asembleas á derradeira proposta de ERE achegada pola empresa.

Medio centenar de traballadores e traballarodas concentrábanse así este xoves ás portas de Movistar (Circet é concesionaria do servizo de Movistar Telefónica).

Á espera dos pasos que dea nos próximos días a compañía, a CIG-Industria segue a reclamar a retirada completa deste expediente,  garantías de mantemento de todos os empregos así como das condicións de traballo, xa que, como se fixo patente durante o período de consultas, “o único obxectivo de Circet é avanzar na precarización e afondar na subcontratación da actividade”.

Na última semana, a empresa rebaixou o número de despedimentos (en Galiza de 118 a 81 persoas) e subiu un mínimo as indemnizacións “pero condicionando o mantemento da súa proposta final a que todos os sindicatos lla asinasen”.

Pero a CIG, subliñan, “non vai asinar ningunha medida que supoña destruír emprego e se Circet leva adiante o ERE, impugnarémolo na vía xudicial”. Por iso, tamén fan un chamado á autoridade laboral para que á hora de elaborar o informe do expediente “revise con lupa a documentación achegada pola empresa”. E neste sentido, critican que na última reforma laboral, o Goberno autodenominado ‘máis progresista’ non recuperase a autorización administrativa previa nos despedimentos colectivos que foi suprimida polo Goberno de Rajoy na reforma de 2012.

A CIG-Industria tamén apunta á responsabilidade das grandes operadoras de comunicacións, con Telefónica á cabeza, que “levan anos practicando unha política de adelgazamento dos cadros de persoal propios e fomento da externalización do traballo en contratas que á súa vez subcontratan a actividade en pequenas empresas e persoal autónomo. O obxectivo é desregularizar as condicións laborais, que se traballe sen control horario, sen cobrar as horas extras, con sistemas de produtividade imposíbeis de cumprir, e sen ningún tipo de garantía na prevención de riscos laborais”.

Así, para os días 17 e 19 de decembro hai convocados xa novos paros de 24 horas, que incluirán tamén distintas protestas.

Problemas no sector da atención ao cliente

O persoal de Circet segue en loita contra os despedimentos e a precarización laboral do sector da atención ao cliente

 

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

ÚLTIMAS

Accidente múltiple preto da peaxe da autopista da Coruña por mor dun xabarín

O atropelo dun xabarín provocou na mañán deste martes un accidente múltiple, con seis...

Acepta seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra que lle cedeu a galería José Lorenzo

Un home aceptou unha pena de seis meses de cárcere por apropiarse dunha obra...

“Meirás será un dos lugares de referencia para o recordo e homenaxe a todas as vítimas da ditadura”

O Concello de Sada mostrou a súa satisfacción polo feito de que o Pazo de...

A Xunta declara como área de rehabilitación integrla a zona de Meicende-O Petón

A Xuntas aprobou a declaración como área de rehabilitación integral (ARI) da zona de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here