InicioBARRIOSReclaman a urxente necesidade de contratar reforzos en Correos de cara a...

Reclaman a urxente necesidade de contratar reforzos en Correos de cara a este Nadal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá de venres 13 de decembro, os carteiros e carteiras de Correos celebraron a súa segunda concentración deste mes para reclamar con urxencia o reforzo de persoal. “Temos un problema estrutural en toda a cidade, onde temos moitísmos barrios sen carteiro oficial”, deixaba claro Xan Xove durante a concentración, delegado de persoal da CGT, durante a concentración que realizaron unha 20 de profesionais ás portas da Unidade de Reparto de Correos da rúa Entrepeñas, na Agra do Orzán.

O sindicato denuncia que non se realizaron as contratacións suficientes para cubrir o servizo de reparto durante este Nadal. E puxeron de exemplo a propia situación da Unidade da Agra do Orzán, que cobre 22 zonas de reparto, pero onde as baixas de polo menos 5 profesionais, e a creación de unicamente 2 contratos de reforzo, provoca que 12 profesionais teñan que cubrir 12 barrios ou zonas de reparto.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Unha situación que provoca retrasos de ata unha semana na entrega, sobrecarga de traballo e aumento da precariedade laboral dos traballadores. Ese sobre esforzo está levando a problemas de saúde, por exemplo xa son dúas as persoas que están de baixa relacionadas con problemas de articulacións por asumir rutas que son moito mais longas do habitual, sinalan.

“A contratación que fixo Correos para este Nadal é totalmente insuficiente”, sentenciou Xove, que lembrou que Correos unicamente realizou 16 contratos de reforzo para o nadal para toda a cidade, apenas un 7% sobre as prazas de reparto que deberan existir na nosa cidade, sobre 200, pero das cales unicamente estan cubertas o 60% aproximadamente, unhas 120, estando o resto sen persoal fixo. Dende a CGT calculan que farían falta 40 contratos.

Máis novas

Os problemas de persoal de Correos saltan á rúa

ÚLTIMAS

Un equipo do CHUAC reverte por primeira vez en España unha cardiopatía fulminante nunha nena dun ano

Un equipo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) conseguiu reverter unha cardiopatía fulminante nunha nena...

Condenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor de 14 anos na Coruña

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por agresión...

A Cabalgata de Reis cambiará o seu percorrido inicial para evitar os lugares máis expostos ao vento

A Cabalgata de Reis da Coruña manterase o día 5, pero variará lixeiramente o...

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña

A Xunta activou desde esta madrugada a alerta laranxa por choivas no oeste da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here