InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta autoriza prácticas militares na zona protexida Serantes-Dexo

A Xunta autoriza prácticas militares na zona protexida Serantes-Dexo

Publicada o

Por editor

A pesar dos avisos realizados hai uns meses polo Concello de Oleiros, a Xunta fai oídos xordos e segue autorizando prácticas militares no Monumento Natural da Costa de Serantes e Dexo, que se poderán desenvolver entre os meses de agosto e febreiro.

O Concello solicitara que se prohibisen durante todo o ano, xa que hai moitas outras zonas costeiras nas que poden realizarse.  O Concello pretendía blindar o monumento natural ás prácticas bélicas porque ademais “depreciaban o valor recreativo e paisaxístico e podían condicionar a viabilidade da investigación científica, polo que non debían ter cabida nesta zona protexida”.

Segundo o Concello oleirense, ” Xunta non ofrece razón ningunha para a posible autorización destas prácticas fóra do período en que as aves estean reproducíndose, entre marzo e xullo. A incompatibilidade deste tipo de exercicios co uso libre do espazo por parte das persoas non lles preocupa”, lamentan dende o Concello, que non entenden si se prohiban as competicións deportivas na contorna do Monumento Natural.

Plan de Xestión

Este proceso forma parte da resposta autonómica ás 38 alegacións municipais ao Plan de xestión do Monumento Natural, das que se aceptaron 18, rexeitaron 14, mentres foron 6 as aceptadas parcialmente.

O que si aceptou a Xunta, entre outras cousas, foi a nova delimitación do monumento, restrinxir de xeito más severo o acceso ás furnas, que só se aceptará con fins científicos ou a inclusión da ruta de sendeirismo recentemente recoñecida como “Sendeiro Azul Seixo Branco – Furnas”.

En clave biolóxica, a Xunta acepta aumentar as partidas para loitar contra especies invasoras, e para promover a plantación de especies autóctonas, pero rexeitaron regular a protección paisaxística en relación ao impacto visual do eucalipto

Tamén denegan que o monumento poida incluír oficialmente a palabra “Serantes”, algo que solicitara o Concello e ao que a Xunta se negou, facéndose insensible ás voces que piden a coexistencia dos dous topónimos parroquiais.

A Xunta denegou o intento de aproveitar patrimonialmente as construción abandonadas, os castros e baterías. Tampouco ven necesario incluír as grúas de alzada das embarcacións do portiño de Dexo entre os elementos patrimoniais etnográficos, algo que tampouco se entende, xa que forman parte da riqueza deste histórico enclave produtivo e laboral da veciñanza de Dexo.

Máis novas

Tratan de converter o monumento natural de Dexo e Serantes nun centro de operacións militares

A Xunta modificará os límites de Costa de Dexo en Oleiros e a creación do seu plan de xestión

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here