InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA ARMH celebra o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto...

A ARMH celebra o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto con 10 “stolperstein” e varios actos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O 27 de xaneiro Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) xunto co Concello da Coruña arrincaba unha serie de actos comemorativos. Pero o temporal Herminia obrigou a adiar a primeira: a colocación de dez novas “stolperstein”, esas lastras de bronce ideadas para plasmar, nas beirarrúas, a biografía e memorias dos coruñeses que morreron nos campos de concentración nazis.

O pasado 2023 a ARMH homenaxeaba a 6 dos 17 deportivados (Julio Martínez Arias, Leopoldo López Criado, Luis Rafales Lamarca, Eduardo Sánchez García, Adrián del Castillo, Arturo García Lagares e Juan González del Valle), e este 2025 o Concello continúa con este proxecto global que xa está presente en máis de 25 países, con máis de 100.000 réplicas.

Terán que esperar as lastras que se van situar preto dos seus antigos fogares, situados en barrios como Catro Camiños, Os Mallos, Zalaeta, Monte Alto, a Pescaría e a Cidade Escolar.

Stolperstein no 159 de San Andres en memoria de Adrian del Castillo Soutelo
Stolperstein instalado no número 159 de San Andrés en memoria de Adrián del Castillo Soutelo

Outros actos de Memoria HistóricaLibro sobre Juli Martinez Arias

A actividade continúa este martes 28 de xaneiro ás 19.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga o libro, “Elexía. Julio Martínez Arias. Da porta de Aires da Coruña ao aire de Mauthausen”, de Francisco X. Fernández Naval. Contarán coa presencia do autor e de Natividad Martínez, sobriña de Julio Martínez Arias e a música de Xavier Fernández.

Mércores colocarán a stolperstein na praza Victoria Fernández en memoria de Clemente Juan de la Cruz (A Coruña, 1910), atopado na contorna do Hospicio de Zalaeta e criado na Casa da Misericordia, que foi deportado a Mauthausen, e gaseado en Hartheim en 1941.

O xoves haberá ás 12:30h un Faladoiro no IES Eusebio da Guarda sobre outro deportado como foi o profesor e intelectual republicano Juan González del Valle, e o seu libro “Un sol incoloro”, da man de Carmen Rodeha e Luís Perez. Del Valle foi homenaxeado o ano pasado e xa ten unha stolpersteine á porta da súa casa

E finalmente, o venres 31 de xaneiro instalarase a stoperstein no Paseo de Ronda, fronte a Normal, na memoria do coruñés José Alvedro Villaverde, que tivo que escapar trala guerra civil, foi capturado polo exército nazi, deportado a Mauthausen, onde estivo máis dun ano antes de morrer en 1943.

actos ARMH Coruna xaneiro 2025e

Os 7 homenaxeados

A comitiva ten previsto instalar unha lousa na praza do Tebeo, en lembranza de Víctor San Miguel Prado ante o número 134 da avenida Fernández Latorre. San Miguel, nado en 1914 en León, viviu dende neno na cidade. Foi ferroviario de profesión, e foi deportado a Mauthausen trala guerra. Estivo máis dun ano nos campos de concentración antes de seren asesinado en Gusen en 1942.

Victor Manuel Conde Nunez
Unha foto de Victor Manuel Conde Núñez

En 4 Camiños toca instalar unha lousa no número 5 da rúa Cabana, en memoria de Víctor Manuel Conde Núñez (Coruña, 1903). Malia estar casado e con 3 fillos, tivo que escapar dos fascistas a Francia, pero foi atrapado e deportado a Mauthausen, onde sobreviviu ata a súa luberación en 1945, conseguindo volver á súa querida cidade herculina.

Tamén, número 3 da rúa Mariscal Pardo de Cela, instalarase unha stolperstein en memoria de Martín Ferreiro Álvarez, e no número 98 da avenida dos Mallos facendo o propio para lembrar a Adolfo Bregua Mouriño (Coruña, 1906), que escapando dunha morte segura acabo deportado en Mauthausen, onde conseguiu traballar na cociña pola súa habilidade co balón, evitando así o traballo de canteira. Foi liberado en 1945.

Entre o mércores 29 e o venres 31 a ARMH instalará as lastras de Clemente Juan de la Cruz García e José Albedro Villaverde, en Zalaeta e o paseo de Rolda. Tamén contarán coas súas Manuel Fernández Tarragó, Francisco Tallón Charlón, Enrique Tallón Charlón e José Martínez Cacheiro, nas rúas da Torre, A Franxa e as Xubias de Abaixo, respectivamente.
Enrique Tallón Charlón (Coruña, 1912), sobreviviu á Guerra Civil pero deportado ao subcampo de concentración de Gusen onde morreu en 1941, malia que a familia non soubo do seu pasamento ata anos máis tarde ao recibir a notificación de defunción no seu domicilio de Barcelona.
Pola súa parte, Francisco Tallón Charlón (Coruña, 1916), foi protagonista dunha historia de resistencia, sobrevivindo á Guerra Civil, aos campos e ao campo de exterminio nazi de Mauthausen, ata ser liberado en 1945.

Máis novas

Un novo ‘stolpersteine’ na rúa Padre Feijóo para lembrar Juan González del Valle

A Coruña, a primeira cidade galega en homenaxear ás vítimas dos campos de concentración nazi

ÚLTIMAS

A ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis de 1.500 pisos en situación irregular

A situación do mercado de aluguer na cidade da Coruña segue a ser crítica...

As “luces e sombras” do Master Plan da reforma da fachada marítima que explican a abstención do BNG

Quixo explicar esta mañá o BNG en rolda de prensa a súa abstención na...

A Deputación da Coruña presentou propostas da Costa da Morte en Madrid Fusión

A Deputación da Coruña presentou nesta xornada en Madrid Fusión as propostas da Costa...

Besteiro, sobre o arquivo do expediente a Martín Seco: “Se o que reivindica é xusto, con xustiza actuará o partido”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considerou que o exdiputado e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here