InicioSOCIEDADEOs "heroes do Orzán", 'fillos predilectos e adoptivos' da Coruña

Os “heroes do Orzán”, ‘fillos predilectos e adoptivos’ da Coruña

Publicada o

Por europapress

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este luns o acto de entrega dos títulos de Fillo Predilecto e Fillos Adoptivos a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, os policías coñecidos como os ‘heroes do Orzán’ que faleceron ao tentar rescatar a un mozo na praia deste nome hai 13 anos.

Foi nun acto presidido pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e coa presenza de autoridades, entre elas o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ademais de familiares dos homenaxeados. “‘Os heroes do Orzán‘ deron a súa vida por protexer a outros, fixérono porque o levaban no sangue”, dixo a alcaldesa para quen o tres, que pertencían ao Corpo Nacional de Policía, ejemplifican os valores de “responsabilidade e valentía”.

Ás palabras dos familiares, sumáronse tamén as do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que cualificou de “exemplar” a actuación do tres policías nacionais que morreron afogados ao tratar de rescatar a un estudante eslovaco de Erasmus, Tomás Velicky, tamén falecido. O delegado, acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou o “valor, a entrega e a profesionalidade” dos axentes.

Heroes Orzan Fillos Predilectos Coruna

Durante o acto, entregáronse os tres distintivos ás súas familias. Por parte da familia de Javier López López recolleron o seu título de Fillo Predilecto a súa viúva, Loreto López, e a súa nai, Carmen López.
Por parte de José Antonio Villamor, recolleu o seu título de Fillo Adoptivo a súa nai, Amparo Vázquez. Por último, por parte da familia de Rodrigo Maseda, recoñeu o título de Fillo Adoptivo a súa nai, Isabel Lozano. Todas elas puideron intervir durante o acto para lembrar a Javier, José Antonio e Rodrigo cunhas emotivas palabras.

Heroes Orzan Fillos Predilectos Coruna nai 1 Heroes Orzan Fillos Predilectos Coruna nai 1 Heroes Orzan Fillos Predilectos Coruna nai 1

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...