InicioA CORUÑAA ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis...

A ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis de 1.500 pisos en situación irregular

Publicada o

Por europapress

A situación do mercado de aluguer na cidade da Coruña segue a ser crítica pola alza incontenible de prezos en case todos os barrios. Cando xa 3 de 4 pisos ofertados son de uso turístico, o Concello vén de anunciar os avances da nova ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico (VUT). 

A rexedora e o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda explicaron que levarán a proposta saída da Mesa sectorial aberta o pasado mes de novembro á vindeira Xunta de Goberno e que pasará polo pleno o vindeiro mes de febreiro.

Recoñeceron que “a proliferación das VUT está a ter un impacto directo no mercado inmobiliario e, moi en especial, no alugueiro de vivendas”, “tanto por reducir a bolsa de inmobles dispoñibles na cidade como polo incremento dos prezos, que é evidente”.

Requisitos da ordenanza

Entre as principais conclusións da nova normativa, sinalaron que menos da metade cumprirían o contido da mesma das algo máis de 3.300 que se calcula hai. 
Recoñeceron que os servizos municipais verificaron que hai vivendas que estaban a ofrecer usos de VUT sen contar coa habilitación administrativa pertinente. Pero explicaron que darán un prazo de tres meses desde a entrada en vigor da ordenanza para que as persoas titulares de inmobles VUT poñan en orde ou obteñan a súa habilitación administrativa

Entre os requisitos aprobados na ordenanza é que “as VUT non poderán estar situadas nunha planta inmediata superior a unha vivenda”.
“Si se permitirá o seu emprazamento en plantas primeiras ou baixas, atendendo, iso si, ás especificidades do Plan xeral en ámbitos como o PEPRI, e tamén se permitirá implantar as VUT en edificios destinados a este tipo de usos en exclusiva”, concretou Francisco Díaz Gallego

Distritos saturados

O texto da nova ordenanza tamén estipula as pautas para declarar unha zona saturada de VUT, o que permitirá impedir a implantación de novas VUT en distritos afectados pola súa excesiva proliferación. Por exemplo, distritos censuais da cidade nos que o número de VUT sexa superior a 0,5 por cada 100 habitantes.

Nova vivenda

A alcaldesa puxo como argumento que “estamos a facilitar a construción de vivenda e de novos polígonos, a avanzar na rehabilitación de vivendas, mais coido que todas e todos somos conscientes de que tamén debemos regular as VUT”.

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

Máis novas

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

A Coruña crea a mesa sectorial de vivenda para avanzar na declaración de zona de mercado residencial tensionado

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

 

 

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...