InicioBARRIOS3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son...

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Coruña é o municipio galego máis caro para vivir. E unha parte seguro que se debe a que 3 de cada 4 vivendas que se ofertan hoxe na Coruña están destinadas exclusivamente ás persoas que visitan a cidade. As chamadas Vivendas de Uso Turístico (VUT) seguen a copar a oferta de alugueiro “grazas á política de barra libre de Inés Rey”, segundo denuncia o grupo da Marea Atlántica, tras analizar os datos do Rexistro de Aloxamentos Turísticos (REAT), actualizados onte mesmo pola Xunta de Galicia.

Xa son 1.372 pisos turísticos a día de hoxe, e o Concello, malia levar ano e medio anunciando unha regulación dos mesmos, segue aprobando novas licencias. Este mes foron unhas 20 as aprobadas (un 1,4% de incremento no último mes), sendo xa un 32% máis que en outubro do ano pasado.

Para a Marea Atlántica, que xa denunciaba a inacción municipal en marzo de 2023>/a>, a día de hoxe “xa non hai tempo para escusas”: “a alcaldesa ten que suspender de inmediato a autorización de novos pisos turísticos e dotar o sector dunha regulación da que hoxe carece”.

Encarecimento do alugueiro convencional

Se ben hai outros factores que inflúen en certos barrios da cidade, como a xentrificación, ou a incidenciados altos soldos de empresas xeradoras de emprego como Inditex, Abanca ou Estrella Galicia, para a Marea Atlántica “a proliferación incontrolada de pisos turísticos é unha das principais causas do encarecemento do alugueiro convencional nos últimos anos. Non só porque se reduza a oferta, senón porque se quentan os prezos a consecuencia do diferencial de rendibilidade dos activos inmobiliarios”.

E as cifras son claras: unha vivenda en alugueiro produce hoxe na Coruña, de media e con datos oficiais da Xunta, uns ingresos de 8.000 euros anuais. No mercado turístico esa propiedade xeraría, segundo a principal consultora do sector, case 15.000 euros durante o mesmo período. “A fuga está servida”, sinalan dende o grupo.

Por iso, dende a Marea solicitan unha moratoria durante un ano para que “a Corporación puidese modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para estabelecer regras onde agora non as hai. A normativa determinaría onde se poderían implantar este tipo de negocios e onde non, protexendo as zonas sensibles ou xa saturadas e poñendo así por diante a garantía do dereito a unha vivenda digna, adecuada e asequible da cidadanía”.

Lembran que en xaneiro de 2030 propuxeron en pleno paralizar a aprobación de licencias, cando na cidade había 713 pisos, a metade que un ano e medio despois.

Con todo, sorprende ver como o goberno pide á Xunta a declaración da cidade como zona tensionada, pero segue sen tomar medidas contra os pisos turísticos.

Taxa turística

Os concellos galegos poderán implantar unha taxa turística a partir do 1 de xaneiro de 2025. Así o anunciou hai pouco o presidente da Xunta de Galicia, até agora contrario a este tipo de tributos, comúns en dous de cada tres países europeos, segundo a European Tourism Association (ETOA).

É o momento de que o goberno da Coruña aproveite a ocasión e se ppoña a traballar para ter a ordenanza lista a tempo, segundo urxe o grupo da Marea Atlántica.

Unha taxa que permitiría que “a pernoctación de visitantes e a chegada de cruceiristas se traduza en novos ingresos cos que financiar políticas públicas e protexer aqueles dereitos que máis acusan a presión
turística, como é o da vivenda”, propoñen dende o grupo municipalista.

O grupo sinala a “barra libre” do goberno socialista cos pisos turísticos como “un dos factores que explica o desorbitado crecemento do prezo dos alugueiros na cidade”.

Máis novas relacionadas

A turistificación dos Espazos

A Coruña, a cidade onde máis subiron os alugueres no primeiro trimestre

O Concello notifica a donos de pisos turísticos a necesidade de comunicación previa para a súa regulación

Marea Atlántica denuncia ante a Valedora do Pobo “inacción” do goberno local cos pisos turísticos

O goberno local da Coruña avoga por “escoitar a todos os sectores” para regular os pisos turísticos

ÚLTIMAS

As familias de Oleiros maniféstanse en contra dos recortes no colexios

Ducias de persoas participaron esta tarde na concentración organizada polas ANPAS dos CEIP Juana...

Este xoves redúcense as afectacións ao tráfico na avenida de Alfonso Molina

As afectacións ao tráfico na avenida Alfonso Molina, na Coruña, reduciranse a partir do...

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Un incendio de “moita intensidade” que afecta a un taller en Cambre mobiliza os bombeiros de Arteixo, A Coruña e Betanzos

Bombeiros desprazáronse este mércores ao polígono do Amorne, no municipio coruñés de Cambre, para...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here