InicioCULTURAAvanza a produción de "Decorado", o terceiro filme de animación do premiado...

Avanza a produción de “Decorado”, o terceiro filme de animación do premiado director coruñés Alberto Vázquez

Publicada o

Por editor

A agardada terceira nova longametraxe de animación do cineasta e ilustrador coruñés Alberto Vázquez encara a recta final dos traballos de produción cara á súa estrea neste ano 2025. A compañía galega Abano Producións volve compartir camiño coa vasca UniKo nun novo traballo deste premiado director, que xa ten dous Goya á mellor longametraxe de animación polas súas dúas anteriores películas, Unicorn Wars (2022) e Psiconautas, los niños olvidados (2017), así como á mellor curta de 2012 por Birdboy.

O proxecto recibiu a visita do representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Jacobo Sutil, xa que conta cunha subvención de 260.000 euros da Xunta na convocatoria de 2023 para produción e coprodución de proxectos audiovisuais.
En total, a realización desta película mobiliza máis de 100 profesionais, dos que unha trintena se atopan na nosa Comunidade. e o resto se reparten no País Vasco e Extremadura.

20240128-decorado-by-andrea-rodriguez-16
Visita de Jacobo Sutil, de pé, á esquerda de Alberto Vázquez, segundo pola dereita. Foto: Andrea Rodríguez

O director, Chelo Loureiro, de Abano, e Iván Miñambres, de UniKo, uníronse á produtora estremeña Glow e á portuguesa Sardinhas en Lata para a coprodución dun proxecto que parte da aclamada curtametraxe homónima, premio Goya á mellor curta en 2017, e para o que contan ademais coa distribuidora francesa Le Pacte.

Realizada en versión orixinal galega, o filme é unha fábula existencialista sobre o sentido da vida e as crises que a atravesan.

ÚLTIMAS

Os servizos de emerxencias rescataron do mar a unha persoa na zona da Torre de Hércules

Os servizos de emerxencias rescataron do mar este venres a unha persoa nas proximidades...

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

Amenceron pechadas as tendas de varias multinacionais esta mañá de venres na Coruña. As...

A CRMH urxe a retirada de simboloxía franquista da Coruña

Representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) reclamaron ao goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here