InicioCULLEREDOAs familias do Conservatorio do Burgo denuncian as humidades do centro e...

As familias do Conservatorio do Burgo denuncian as humidades do centro e o BNG pide que a Xunta asuma a xestión

Publicada o

Por editor

Non desisten os problemas no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo. Despois das protestas de 2023 pola falta de profesorado, desta volta a ANPA O Burgo volve á palestra pública para denunciar as graves carencias do edificio.

As familias denuncian que o centro está sen calefacción dende mediados de decembro, sumando esta situación á falta de mantemento “dende fai anos”, a pesar das peticións das familias.

”As fugas de auga son constantes e non se poden paliar coa colocación estratéxica de cubos e cartóns polos corredores e nas aulas, o que implica un risco elevado de escorregamento e caídas ao mesmo nivel. Porque o tellado acumula auga co perigo de desprendemento dos paneles superiores do teito, o que implica a posibilidade de que algún elemento caiga sobre algunha persoa”, denuncian.
Alertan das humidades e o mofo que hai por todo o edificio e das fendas que van aparecendo.

Por iso pide ao Concello que realice actuacións canto antes por “seguridade”, “saúde”, e “dignidade”. “Os/as nosos/as fillos e fillas merecen ter unhas condicións dignas e saudables durante a realización dos seus estudos artísticos e musicais”. “Por unhas ensinanzas artíricas de calidade!”.

Humidades no CMUS de Culleredo

O BNG pide á Xunta que asuma a xestión do Conservatorio

Paralelamente, o BNG entende que o Conservatorio é “competencia da Xunta”, por iso presentará unha reclamación no Parlamento apoiada por máis de 400 sinaturas, pedindo que” a Xunta asuma a xestión e o custo do conservatorio municipal de Culleredo”, e que mentres planifica a asunción das súas competencias, que “convoque axudas para que os Concellos poidan cubrir os custos da xestión”.

A parlamentaria nacionalista declarou que “os Conservatorios de música municipais representan na actualidade unha carga económica importante para os Concellos que os asumen e ademais supoñen un problema para a súa xestión e unha discriminación para o alumnado e o profesorado, ao non contar cos mesmos recursos que os Conservatorios que xestiona a Xunta”.

Humidades no CMUS de Culleredo

ÚLTIMAS

Delegados sindicais protestan na Coruña tras reclamarlles Gadis 1,2 millóns pola folga en alimentación

Delegados sindicais concentráronse na Coruña, ante a sede do Servizo de Mediación e Arbitraxe...

Licitan, por fin, a xestión dos Centros Deportivos Municipais de San Diego e O Castrillón

Levan anos sendo foco de problemas laborais, en boa medida pola caducidade dos seus...

Aberto o prazo para escoller entre as 100 propostas veciñais aos Orzamentos Participativos 2026-2027

Aseos públicos en San Agustín, a creación de novos hortos urbanos, a renovación de...

O Ágora viaxa no tempo ás orixes do Barrio da Zoca

Este pasado venres inaugurouse no Centro Ágora a exposición «O Barrio da Zoca. Identidade, raíces...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here