InicioECONOMÍAA Coruña cumple cos requisitos para a declaración de Zona de Mercado...

A Coruña cumple cos requisitos para a declaración de Zona de Mercado Residencial Tensionado

Publicada o

Por editor

Así o recolle o informe municipal que o Concello vai entregar a Xunta no mes de marzo, e que foi presentado onte nunha nova xuntanza da Mesa Sectorial de Vivenda.

O Concello presentaba a memoria xustificativa para a declaración da Coruña como Zona de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT), un documento no que se conclúe que a cidade cumple cos requisitos para a súa declaración, tal e como recolle a Lei estatal de Vivenda, tantocomo municipio ou como por distritos.
“Segundo este estudo encargado polo Concello e que se basea en datos dos seus dez distritos censuais e 186 seccións censuais, na cidade cumplimos con ambos criterios nun 50% dos distritos e nun 70% das seccións”, indicou o edil Fran Díaz Gallego.

A Lei estatal de Vivenda recolle que para que unha cidade sexa declarada como ZMRT ten que cumplir dous requisitos:

  • Que o custo da hipoteca ou aluguer máis os gastos derivados da vivenda superen o 30 % da renda media dos fogares
  • Que o prezo de compra ou aluguer experimentase un crecemento nos últimos cinco anos un 3% superior ao IPC.

“É, realmente, algo máis que un informe, é unha constantación de que unha parte moi importante da poboación desta cidade destina máis dun 30% dos ingresos familiares á vivenda, unha porcentaxe que supón un auténtico problema para moitas persoas e que temos que buscar a forma de atallar entre todas as administracións”, sinalou o edil.

Ábrese agora un período de 15 días de consulta pública, tras o cal volverase a reunir a Mesa Sectorial de Vivenda.

Máis novas

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

Tres meses para adaptar as vivendas turísticas á nova ordenanza da Coruña

ÚLTIMAS

A UDC destaca o apoio do pleno a Medicina: “Reforza a vontade de traballar na proposta”

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, mostrouse "moi satisfeito" polo apoio "unánime"...

Máis control no consumo de alcol en menores na Coruña

Axentes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local puxeron en marcha un...

O longo pleno sacou adiante a nova Taxa Turística, a ordenanza das VUT e a de mobilidade sostible

Longo pleno en María Pita. Máis de 9 horas de pleno (cun par de...

Noites do Porto mergullarase máis que nunca no ecosistema coruñés

Acolleu onte o mítico Bristol (na rúa Torreiro), a presentación do diverso festival Noites...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here