InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOComezan os traballos para reparar a duna de Riazor

Comezan os traballos para reparar a duna de Riazor

Publicada o

Por editor

O Concello da Coruña comezou esta semana os traballos de reparación da duna da praia de Riazor, afectada as tres borrascas –Éowyn, Herminia e Ivo- que tiveron lugar durante o pasado mes de xaneiro.

Segundo informa o consistorio, unha retroexcavadora de 30 toneladas traballará ao longo destes días no areal para volver montar e perfilar a duna. A previsión, engade, é que os traballos de reparación da estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estean finalizados esta mesma semana.

Durante as xornadas de mal tempo, apunta o Concello, un retén dos servizos de limpeza municipais estivo pendente de retirar a area que puidese chegar ao paseo.

ÚLTIMAS

Máis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na Torre

Fermosa é sempre a xornada do Correlingua. A cidade acollía a XXVI edición desta...

Delegados do comercio variado péchanse na patronal coruñesa contra o convenio estatal do téxtil

Un pequeno grupo de delegadas e delegados do comercio vario (nomeadamente traballadoras das tendas...

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

Levaba 15 anos sen escribir poesía. I é que poñer a andar unha firma...

Así voan os pisos en todos os barrios Coruña

Segue a ser a vivenda o tema máis acaído en todas as conversas da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here