InicioA CORUÑAO Pleno tamén aproba a Ordenanza para regular as Vivendas de Uso...

O Pleno tamén aproba a Ordenanza para regular as Vivendas de Uso Turístico

Publicada o

Por editor

Ademais do rexeitamento da proposta dos Orzamentos 2025 e a convocatoria por parte do goberno socialista dunha cuestión de confianza, o pleno desta mañá de xoves 6 de febreiro si sacou adiante, cos votos aa favor de PSOE e BNG, a ordenanza das VUT para regular o
sector e aumentar a oferta de vivendas en alugueiro.

O concelleiro Francisco Díaz Gallego subliñou a necesidade da entrada en vigor desta normativa, argumentando que as VUT “repercuten na cidade en aspectos como o acceso a vivenda, reducindo o parque de alugueiro, incrementando tamén os seus custos”, ademais das dificultades de compatibilizar as VUT cos usos residenciais, tanto polos conflictos que poden xurdir entre as persoas de paso e a veciñanza como á hora de costear os servizos públicos que presta a cidade.

Díaz Gallego fixo fincapé na importancia de “frear o proceso de xentrificación do parque de vivendas residencial” . “A ordenanza VUT non é a solución única, mais é unha peza do puzzle que é preciso activar”, lembrando que seguen traballando na declaración de Zona de Mercado Residencial Tensionado.

O PP amosou a súas disconformidade con esta ordenanza, argumentando que “non é o problema que ten o sector na cidade” e que a medida vai favorecer aos grandes tenedores e perxudicar aos pequenos propietarios.

A ordenanza

As VUT non poderán estar situadas nunha planta inmediata superior a unha vivenda de uso residencial.
Si se permitirá o seu emprazamento en plantas primeiras ou baixas, atendendo, iso si, ás especificidades do Plan xeral en ámbitos como o PEPRI, e tamén se permitirá implantar as VUT en edificios destinados a este tipo de usos en exclusiva.

O Concello concederá un prazo de tres meses desde a entrada en vigor da ordenanza para que as persoas titulares de inmobles VUT poñan en orde ou obteñan a súa habilitación administrativa. No caso de que non cumpran coa normativa municipal marcada no texto desta ordenanza VUT, terán que dalos de baixa no Rexistro da Xunta.

A ordenanza pasará agora ao trámite de exposición pública antes de volver ao pleno para a

Máis novas

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

Inés Rey someterase a unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos tras saír rexeitados do pleno

A ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis de 1.500 pisos en situación irregular

A Coruña cumple cos requisitos para a declaración de Zona de Mercado Residencial Tensionado

 

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here